Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Nace un movemento social “Pola protección da Serra do Galiñeiro”.

Correo-e Imprimir PDF

cartel_mesa_redonda_galieiroCatorce colectivos de diversa índole poñen en marcha unha campaña conxunta para conseguir a protección da Serra do Galiñeiro da instalación dun parque eólico. Coa intención de preservar os seu diversos valores, asociación de veciños como a de Vincios ou a do Casco Vello de Vigo, asociacións de montañeiros como Montañeiros Celtas ou a Federación Galega de Montañismo, asociacións ecoloxistas como Adega, A Ría Non se Vende, A Groba, Plataforma pola defensa da ría de Vigo “Cíes”, Salvemos Monteferro, S.O.S. Groba ou Verdegaia, a Comunidade de Montes de Vincios, o Clube de espeleoloxía “O Maúxo” e o Instituto de Estudos Miñoranos están detrás desta iniciativa.

Invitacións para alentar a rondalla “A Merced” de Chaín na Concellería de Cultura de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

II_concurso_rondallasO próximo domingo 2 de xaneiro a rondalla “A Merced” de Chaín (Gondomar), participará na segunda edición del Concurso Provincial de Rondallas Deputación de Pontevedra. A agrupación gondomareña rivalizará xunto a outras dez agrupacións pola obtención do título que dende o 2009 ostenta a rondalla viguesa Helios de Bembrive.

A Concellería de Cultura do Concello de Gondomar pon a disposición dos veciños invitacións para acudir ao Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) o vindeiro 2 de xaneiro ás 17.30 horas. As invitacións, limitadas, poden recollerse na oficina da Concellería de Cultura, situada na Casa da Cultura, en horario de 8:00 a 14:30 horas.

O BNG reitera a petición de renuncia ao alcalde de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

O Bloque Nacionalista Galego de Gondomar quedou fóra do pleno da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo porque non recibiu a convocatoria que debía enviar o Concello de Gondomar a súa representante, a concelleira María Luisa Varela, segundo denuncia feita pola organización nacionalista. A irregularidade foi denunciada formalmente polo BNG e o concelleiro Antón Araúxo informou que se está a estudar a posibilidade de impugnar o pleno por mor dun defecto grave na convocatoria.

As asociacións en defensa do Galiñeiro terán enfronte á multinacional ELEMENT POWER

Correo-e Imprimir PDF

cartel_mesa_redonda_galieiroUn grupo relevante de asociacións culturais, medio ambientais, deportivas e persoalidades involucradas na defensa do patrimonio están a preparar unha serie de medidas co fin de impedir que finalmente se instale un parque eólico na Serra do Galiñeiro. A primeira medida é a convocatoria a unha mesa redonda “Pola Protección da Serra do Galiñeiro”, a celebrarse o próximo martes 28 de decembro na Aula de Cultura Ponte de Rosas do Instituto de Estudos Miñoranos.

Urbano Esmerode espera que o negocio do parque eólico “sexa rentable” .

Correo-e Imprimir PDF

parque_eolico_carnota_edit902O presidente da Entidade Menor Local de Morgadáns Urbano Esmerode Domínguez manifestou o desexo de que a operación coa empresa adxudicataria “sexa rentable para a Entidade”. Ao mesmo tempo asegurou que descoñecía a resolución da Consellería de Industria, Enerxía e Minas ao momento de ser consultado (onte martes pola noite) pola que a Área de Desarrollo Eólico da Zona 5 TV-20 Serra do Galiñeiro fora concedida á empresa TERRA DO VENTO S.R.L..

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL