Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG denuncia desfeitas na limpeza dos ríos de Gondomar.

O BNG denuncia desfeitas na limpeza dos ríos de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
LIMPEZA-RIO-2011-007

O BNG acaba de denunciar publicamente unha serie de desfeitas nas terras lindantes cos ríos de Gondomar. Segundo o comunicado polo Bloque dende hai varias semanas unha empresa contratada pola Xunta "está procedendo á limpeza das beiras dos Ríos Miñor e Zamáns.  Se ben poderíase considerar que limpan demais, pois arrasan con toda a vexetación de ribeira ata a auga mesma sen respectar a vexetación autóctona". Os nacionalistas din que é entendible este tipo de traballos de limpeza que evitan as enchentes de inverno, pero afirman "Outra cousa é arrincar os cañotos das árbores previamente taladas co conseguinte movemento de terras e sobre todo a desprotección das terras fronte as fortes correntes de auga."

A denuncia pública do Bloque di estar promovida no "malestar que esta acción esta a xerar nos propietarios das terras lindantes co río, que miran con asombro como a devandita empresa arrasa con carballos, amieiros, salgueiros e mesmo maceiras e castiñeiors que eles plantaron nas súas propiedade contra o río". Outro dos prexuízos denunciados é a prohibición a recoller a madeira resultante da tala, aínda a feita en terra propiedade dos veciños, ademais do abuso que significa " o paso polas veigas de cultivo de tractores e maquinaria de grandes dimensións sen tan sequera pedirlle permiso aos propietarios."

"Unha vez máis os amigos saen gañando, neste caso conseguendo  madeira gratis mentres os demais perden os seus dereitos", afirman dende o Bloque e informan que " no pleno do vindeiro luns, pediralle explicacións ao Goberno Municipal, e non descartamos tampouco pedirlle explicacións no Parlamento Galego ao responsable de Augas de Galicia."