Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

As Actas do Congreso “Emigración e Educación (1900-1936)" presentáronse no Consello da Cultura Galega.

Correo-e Imprimir PDF
Carlos Méixome (IEM), Ramón Villares e Xosé Manuel Malheiro.

“Galicia sería díficil de entender sen emigración, pero moito máis difícil sería imaxinala de non se ter producido esta profunda e sostida onda migratoria, que vencellou estreitamente a imaxe dos galegos no mundo con tantos outros pobos europeos -e non europeos- que tamén foron países de emigrantes”. Así o ve Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e catedrático de Historia Contemporánea da USC, no seu traballo “Vellas e novas formas de entender a emigración”, que abre as Actas do Congreso “Emigración e Educación (1900-1936)”, libro editado polo Instituto de Estudos Miñoranos,  presentado hoxe no Consello da Cultura Galega.

Presentación do libro coas actas do Congreso Emigración e Educación (1900-1936)

Correo-e Imprimir PDF

portada-libro-1-centenarioHoxe ás 12:30h. no IES "Escolas Proval" foi presentado o libro que recolle as comunicacións presentadas no Congreso EMIGRACIÓN E EDUCACIÓN (1900-1936) Iº CENTENARIO DAS ESCOLAS DA UNIÓN HISPANO-AMÉRICANA VALLE MIÑOR (1909-2009). O libro foi editado polo Instituto de Estudos Miñoranos dentro da súa colección Universitas Minoris.

A Xunta convoca os Premios da Cultura Galega 2011

Correo-e Imprimir PDF

A Xunta convocou os Premios da Cultura Galega 2011 a través dunha orde da Consellería de Cultura que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia (DOG), segundo informa a Xunta de Galicia nun comunicado. A Consellería distingue con estes galardóns o traballo creativo en Galicia e a súa expansión no exterior a través de sete modalidades: Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Iniciativas a favor do Patrimonio Cultural, Promoción Cultural, Música e Creación Audiovisual.

Comezan as actividades do Encontro de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez 2011 en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

mapamasinfoA concellería de Cultura do Concello de Gondomar puxo en marcha a segunda edición do Encontro de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez 2011. A inauguración do proxecto foi o pasado venres ás 20.30 h. no Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) coa exposición "Paseando" do fotógrafo invitado Brunheira. Este foi o comezo dunha serie de inauguracións que se prolongarán durante toda esta semana. En total son seis exposicións distribuídas en diferentes espazos de Gondomar.

Premios Xerais 2011

Correo-e Imprimir PDF
Héctor Carré, Xavier Queipo e Anxo Fariña (ezq. a dta.), na Illa de San Simón.

Os Premios Xerais 2011 recoñeceron a Xavier Queipo como gañador na categoría de novela coa obra Extramunde, a Héctor Carré co Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil por Febre; e a Anxo Fariña co Premio Merlín de Literatura Infantil por A Chave dá Atlántida.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL