Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona e Nigrán promoven o Concurso Fotográfico Camiño Portugués da Costa

Correo-e Imprimir PDF

Nace o primeiro concurso fotográfico para promocionar o Camiño Portugués da Costa nos concellos galegos e portugueses. Nesta iniciativa conxunta dos concellos de A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona e Nigrán, poden participar fotógrafos profesionais e afeccionados. O tema proposto é o Camiño Portugués da Costa en todas as súas manifestacións etnográficas, relixiosas, xeográficas, paisaxísticas e culturais.

Tokio presentou a banda debuxada Cabana de Balieiros na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Correo-e Imprimir PDF

CARTEL-CABANA-GONDOMAR-blacPresentouse Cabana de Balieiros, unha Banda Debuxada do autor Tokio (Alfredo López Fernández), na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoranos. A obra nos achega ao enfrontamento entre costumes sociais e relixiosos, aferrados á tradición popular e aos mitos ancestrais, simbolizados na vida dunha daquelas vilas mariñeiras. A presentación do libro estivo a cargo do humorista gráfico Pepe Carreiro quen salientou a converxencia de técnicas de debuxo "expresionista", descritivo e analítico do autor, ademais dunha historia onde se mestura a acción, cos paisaxes propios da vida cotiá dunha vila mariñeira galega. Pola súa banda, Tokio informou que a súa historia levaba case quince anos dando voltas ata que hai dous anos a Editorial Demo animoullo a publicarlla.

Gonzalo Navaza nomeado novo Académico Correspondente da Real Academia Galega.

Correo-e Imprimir PDF
Gonzalo Navaza BlancoGonzalo Navaza Blanco foi nomeado Académico Correspondente da Real Academia Galega a través dunha resolución do seu Plenario, reunido o pasado venres 30 de setembro. Nado en Lalín (1957) e residente dende hai anos na parroquia de Peitieiros (Gondomar), Navaza é profesor titular na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. O seu labor investigador céntrase entre outras materias, na toponimia e na onomástica. É autor de innumerables traballos nestas disciplinas, sendo o libro Saians, número 1 da colección "O nome dos lugares", editada polo Instituto de Estudos Miñoranos, a súa última publicación nesta disciplina. O novo membro da RAE, tamén destaca como creador literario e tradutor.

Homenaxe a Don Paco del Riego en Lugo e presentación do libro biográfico "Lume Aceso".

Correo-e Imprimir PDF
Francisco Fernández del Riego

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, clausurou hoxe pola tarde o acto homenaxe a un dos referentes do mundo cultural e intelectual de Galicia, Francisco Fernández del Riego, celebrado na casa da cultura de Lourenzá, Lugo. Durante o acto presentouse a obra “Lume Aceso” sobre a vida do escritor "Fillo adoptivo de Nigrán" e "Socio de Honra do Instituto de Estudos Miñoranos", falecido en novembro de 2010 .

Co outono volven as actividades da Asociación Espazo Lectura en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

rincon-infantil-gondomarA asociación de fomento da lectura inaugura a nova tempada con tres actividades a primeira semana de outubro. A primeira delas será CONTOMAR, sesións de contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos que Espazo Lectura celebra todos os luns na Biblioteca Municipal de Gondomar , a partir das 18:00h. O mércores 5 de outubro ás 18:30h celebrarase na Casa da Lectura (Donas) a primeira sesión semanal de dinamización lectora dedicada a nenos e nenas a patir de 3 anos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL