Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Convenio marco afonda a posta en valor do patrimonio do monte comunal de Couso.

Correo-e Imprimir PDF
Xosé Antón Araúxo Rodríguez (CMC) e Carlos Méixome (IEM) na firma do convenio.

A conservación, estudo e posta en valor do patrimonio cultural do monte comunal da parroquia de Couso (Gondomar) foi obxecto dun convenio marco celebrado entre o Instituto de Estudos Miñoranos e a Comunidade de Montes de Couso. Xosé Antón Araúxo Rodríguez (CMC) e Carlos Méixome (IEM) anunciaron a planificación e organización de visitas guiadas e outras actividades a prol da divulgación do patrimonio arqueolóxico, construído, natural e inmaterial que agocha esta zona do Val Miñor.

Remodelación da web da Axencia Galega das Industrias Culturais con novas prestacións aos usuarios.

Correo-e Imprimir PDF

web-agadicA Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo estrea nova páxina web que, mantendo o seu enderezo www.agadic.info, actualiza o seu deseño e estrutura para dar cabida a novas seccións multimedia, ás redes sociais e aos contidos de actualidade xerados polo propio sector.

Corenta e sete orixinais concorren ao IV Premio de Poesía Victoriano Taibo.

Correo-e Imprimir PDF

Cartel-IV-Premio-Victoriano-TaiboO pasado 31 de xullo  rematou o prazo para a recepción de orixinais para participar no IV Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. O xurado reuniuse para recoller os traballos presentados, nun total de corenta e sete obras, cifra similar, aínda que algo superior  á das anteriores convocatorias. O fallo farase público nos primeiros días de setembro, en data que se anunciará nos medios de comunicación.

55 proxectos audiovisuais galegos serán apoiados con subvencións da Agadic .

Correo-e Imprimir PDF

autor_cine.jpg_1306973099.A Agadic subvenciona 55 proxectos audiovisuais cun total de 674.000 euros.

.Diríxense á promoción do talento audiovisual, á produción de curtametraxes e ao desenvolvemento de novos proxectos fílmicos e de contidos interactivos.

.Un total de 49 produtoras e creadores individuais benefícianse destas axudas.

O Nigrán Jazz 2011 xa ten cartel

Correo-e Imprimir PDF
The-Jazz-ManO xurado do concurso de carteis do Nigrán Jazz xa ten un veredicto polo concurso de carteis creado para elixir a que será a imaxe da edición deste ano do festival. O cartel gañador responde ao nome de The Jazz Man, e o seu creador, un ilustrador e deseñador gráfico de 31 anos, percibirá un premio de 500 euros pola súa creación. O gañador foi seleccionado de entre unha trintena de participantes, nun fallo moi rifado, xa que houbo que realizar un desempate que se saldou cunha diferenza a favor de The Jazz Man dun punto. O cartel que se achega será a imaxe do festival homenaxe a Quim Alborés, que se celebrará os próximos 26 e 27 de agosto na Foz, A Ramallosa.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL