Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

O poeta pontevedrés Carlos Solla acada o IV Premio Victoriano Taibo Entidade Local de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF
O poeta pontevedrés Carlos Solla, gañador do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo.

Holocausto Zacoe " unha alegoría sobre a situación do idioma e da identidade do pobo galego" segundo a descrición feita da obra polo xurado,  do autor pontevedrés Carlos Solla, é o poemario que gañou o IV Certame de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. A obra, escollida entre as máis de 40 que se presentaron a concurso, trata de esquivar con  ironía e humor " o desacougo tráxico que os poemas nos relatan" sobre a situación da nosa lingua. O gañador será premiado coa publicación da obra por parte do Instituto de Estudos Miñoranos, unha obra escultórica do artista Fino Lorenzo e 3.000 euros en metálico.

Ábrese inscricións para cursos de canto tradicional e pandereita na parroquia de Baíña.

Correo-e Imprimir PDF
O canto e a música tradicional da A.F. Airiños da Lagoa (Baíña). {plusone} A agrupación de danza e música tradicional Airiños da Lagoa abre un novo curso para pandereteiras e canto tradicional, a cargo do mestre Diego Docabo Martínez . Os encontros terán lugar os días venres de 21 a 22 horas para as clases de iniciación e de 22 a 23 horas para o grupo titular "As Cascarillas", na Casa dos Veciños da Parroquia de Baíña, no concello de Baiona. Os interesados deben comunicarse aos teléfonos 627008926 ou 986356109. Tamén no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Cinco finalistas no IV Premio de Poesía Victoriano Taibo.

Correo-e Imprimir PDF

Cartel-IV-Premio-Victoriano-Taibo{plusone}Última viaxe ao mar, Tupperware, O vals e a rosa, A cidade imposible e Holocausto Zacoe son as cinco obras finalistas elixidas polo xurado do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local Menor de Morgadáns, que retribuirá ao gañador con 3.000 euros en metálico, unha peza escultórica de Fino Lorenzo e mais a publicación da obra. A obra e identidade do gañador darase a coñecer nos próximo días, informou o Instituto de Estudos Miñoranos, creador do certame que celebra esta ano as súa cuarta edición.

Primeira captura en 3D dun petróglifo do Val Miñor, na parroquia de Couso.

Correo-e Imprimir PDF
Luis Rovés e Pablo de Arquer do ITMA durante o escaneo do petróglifo.

Os petróglifos do Sobral (Couso) ten dende a madrugada do martes unha réplica dixital en 3D realizada polo Instituto de Estudos Miñoranos e o Instituto Tecnológico de Materiales de Asturias. Trátase da primeira peza de arte rupestre miñorano que poderá ser arquivada e reproducida ad infinitum cunha precisión micrométrica. Esta achega tecnolóxica - científica posibilitará aos investigadores pescudar coas vantaxes da tecnoloxía 3D: hologramas a tamaño real, proxección en pantallas multitáctiles, reprodución das pezas en diversos materiais, etc. Ao mesmo tempo os especialistas salientaron a importancia destes traballos de cara á seguridade, conservación e divulgación deste patrimonio cultural de Galicia.

O artista plástico Claudio Maseiro inicia obradoiros de pintura no Mercado de la Tía Ni, en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
O artista Claudio Maseiro coordinará obradoiros de pintura en Sabarís

No espazo cultural de Sabarís o Mercado de la Tía Ni estase a desenvolver un taller de debuxo e pintura a cargo do recoñecido artista plástico Claudio Maseiro. O obradoiro preséntase como un ensino accesible para todas aquelas persoas con intención de iniciarse no mundo da pintura. Actualmente están a rematar os talleres curtos do verán de debuxo e carboncillo, e o vindeiro venres 2 de setembro comeza un de pastel e xices e outro de acuarelas ata o 30 de setembro. Os interesados deben comunicarse ao teléfono 689 62 46 85.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL