Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Entrega do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns na escola de Guillufe.

Correo-e Imprimir PDF

 

cartaz entrega_premio_taiboO vindeiro sábado 12 de novembro o poeta pontevedrés  Carlos Solla, será galardoado coa entrega do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns, pola súa obra Holocausto Zacoe.  O autor recibirá como premio unha escultura do artista miñorá Fino Lorenzo, 3.000 euros en metálico e a edición da súa obra. O acto terá lugar na Escola de Guillufe  en Morgadáns, ás 19 horas e é aberta ao público.

As tradición de tallar cabazas por Defuntos revive en Galicia da man de diferentes asociacións

Correo-e Imprimir PDF

Cabaza do Samaín - Imaxe de Toby OrdChega o día de Defuntos. En todas as partes comezamos a ver cabazas que representan caras aterradoras que nos invitan a celebrar o Halloween. Pero, ¡atención!, non é americano todo o que o parece. Ata hai trinta anos por moitas aldeas de Galicia tallábanse cabazas por estas datas, e a día de hoxe cada vez hai mais lugares nos que se está a recuperar esta tradición na forma da festa do Samaín.

De Miguel Mosquera e a recuperación da pintura histórica.

Correo-e Imprimir PDF

os-artistinasUnha das moitas convencións que definen o mundo da plástica, en calquera das súas manifestacións, ven a ser a suposta, discutible e forzada oposición entre abstracción e figuración. Por outra banda, a crítica mais común, baseada na devandita convención, que reciben aqueles que promoven e montan, desde hai algo mais de dous anos, as distintas mostras e exposicións na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM, refírese á súa hipotética resistencia a incluír, na programación da sala, toda obra ou artista que amose inclinacións figurativas.

Os míticos sonidistas do rock Tony Platt, Phill Brown e Gil Norton impartirán un curso en San Simón.

Correo-e Imprimir PDF
Os sonidistas Phill Brown, Gil Norton e Tony Platt impartirán un curso na illa de San Simón

- Un total de 30 produtores de son galegos participan en San Simón no curso 'Históricos do Rock' que organiza a Agadic.

-No encontro exercen como mestres Tony Platt, Phill Brown e Gil Norton, procedentes de bandas como AC/DC, Bob Marley, The Who ou Joe Cocker.

Un libro miñorano coa nova historiografía galega interpela mitos vencellados na memoria colectiva.

Correo-e Imprimir PDF

portada-libro-1-centenario“O tópico da memoria vivida, case convertido en mito, explica Galicia, rural e ocupada na agricultura, só como espazo de atraso económico e inmutabilidade social.” (...)“A conciencia de atraso e miseria, alén dunha memoria vivida, foi construída nos anos sesenta sobre dous piares: o esquecemento do pasado anterior a 1936 e a realidade dun agro empobrecido, identificado coas fontes do atraso”. Lourenzo Fernández Prieto en Emigración e Educación (1909-1936), IEM, 2011.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL