Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Abre inscricións a Aula de Teatro de Baiona dirixida pola actriz Mónica Sueiro.

Correo-e Imprimir PDF
Actuación de Non Si? Teatro no Centenario de Álvaro Cunqueiro no Auditorio Lois Tobío.

A presentación e inicio dos cursos 2011 - 2012 da Aula de Teatro de Baiona, que dirixe a actriz Mónica Suerio terá lugar o vindeiro martes 4 de outubro ás 20:30h no Auditorio V Centenario de Baiona. Nesta tempada haberá tres grupos, Teatro para nen@s, outro para adultos (de Iniciación e Avanzado) e mais un grupo de Iniciación. Para anotarse hai que chamar a Cultura de Baiona ao número 986385921, ou ben achegarse ao Auditorio o día 4 de outubro.

Poesía, teatro e música presentes na homenaxe do Val Miñor ao Centenario do escritor Álvaro Cunqueiro.

Correo-e Imprimir PDF
O elenco da Escola Non Si? Teatro de Baiona no Auditorio Lois Tobío.

O Val Miñor fixo a súa homenaxe ao escritor de Mondoñedo, Álvaro Cunqueiro no seu Centenario. O público participante do acto desenvolvido no Auditorio Municipal de Gondomar, Lois Tobío, puido gozar dun abano de presentacións artísticas inspiradas na obra do homenaxeado. Figuras de recoñecida traxectoria cultural como as escritoras Marta Dacosta e Rexina Vega, acompañada da súa filla Sara Salceda, interpretaron poemas de Cunqueiro. Tamén tivo lugar a representación do prólogo da súa obra "O incerto Señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca" a cargo da Escola Non Si? Teatro de Baiona. O acto rematou cun concerto do músico César Morán (guitarra e voz), acompañado no contrabaixo por Alfonso Morán (Real Filharmonía de Galicia) os que interpretaron versos musicalizados de Álvaro Cunqueiro. A intervención foi un adianto do libro - disco de César Morán, a piques de publicarse.

O Instituto de Estudos Miñoranos realiza as primeiras réplicas en 3D de petróglifos no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
Arqueólogos do IEM cos membros do ITMA escaneando o petróglifo do Sobral en Couso.

O Instituto de Estudos Miñoranos realiza traballos de captación de replicas dixitais en 3D dos petróglifos do Val Miñor que poderán ser arquivadas e reproducidas ad infinitum cunha precisión micrométrica. Esta verdadeira achega tecnolóxica - científica posibilitará aos investigadores  pescudar coas vantaxes  da tecnoloxía 3D:  hologramas a tamaño real, proxección en pantallas multitáctiles, reprodución das pezas en diversos materiais, etc.

O Auditorio Lois Tobío será a sede das homenaxes no Val Miñor ao centenario de Álvaro Cunqueiro.

Correo-e Imprimir PDF

cunqueiro-val-minorO Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) en colaboración coa Vicerreitoría de Extensión Cultual da Universidade de Vigo e o Concello de Gondomar organizan unha serie de actividades en conmemoración do Centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro. A primeira delas terá lugar o venres 16 de setembro no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar, ás 20:30h. e contará coa presenza de importantes figuras da poesía e da música, así como da representación dunha obra teatral.

Xornada aberta de divulgación "A riqueza do patrimonio marítimo" no Centro Cultural de Priegue.

Correo-e Imprimir PDF

xornadas-do-marO patrimonio marítimo e fluvial como recurso económico e de traballo; a historia da construción e uso das gamelas guardesas e coruxeiras ; os nomes do mar e as historias de naufraxios na costa miñorana, son algúns dos temas que formarán parte da Xornada divulgativa "A riqueza do patrimonio marítimo" a desenvolverse o vindeiro venres 16 de setembro no Centro Cultural O Torreiro de Priegue.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL