Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Espazo Lectura presenta os títulos das obras para a nova tempada dos seus clubs de lectura.

Correo-e Imprimir PDF
libros-1-espazo-lecturaA asociación Espazo Lectura deu a coñecer os títulos das obras que abrirán a nova tempada dos clubes de lectores no vindeiro mes de outubro. O club Sete Vidas comezará as súas actividades co libro autobiográfico da escritora Xulia Alonso (A Rúa, 1961) Futuro imperfecto (Galaxia , 2011). O fillo da furia, a novela gráfica de Manolo López Poy e Miguel Fernández (Demo Editorial, 2010) ocupará a primeira sesión do Club Lectura Debuxadas e para os máis pequenos do club de lectura compartida Lendo Contigo: Golfiño e os invasores, con guión e debuxos de Fausto Isorna (El Patito Editorial, 2011).

Gondomar clausura cunha entrega de diplomas o II Encontro de Fotografía Dixital na casa da Cultura.

Correo-e Imprimir PDF

CARTELGENERAL1O vindeiro domingo 31 de xullo a Concellería de Cultura de Gondomar realizará o Acto de Clausura do II Encontro de Fotografía Dixital Domingo Pio Quintas Núñez. O mesmo estará a cargo de José Ignacio Troncoso, concelleiro de Cultura de Gondomar e terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura ás 20 horas.

800 Anos en 800 Caracteres: Concurso de microrrelatos galegos en Facebook.

Correo-e Imprimir PDF

el-telefono-movil-el-principal-deseo-300x199No marco da conmemoración dos 800 anos da catedral, ponse en marcha a través de Facebook o concurso MICROCompH!ostalería. 800 Anos en 800 Caracteres. A iniciativa foi presentada está mañá polo secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o director de comunicación e márketing de Asociación Hostelería Compostela, Aser Álvarez.

O Concello da Guarda acolle a III Mostra das tradicións mariñeiras.

Correo-e Imprimir PDF

Programa-Mostra-2011-en-A5A Sección Marítima do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) anuncia a presentación da III Mostra das tradicións mariñeiras o vindeiro venres 22 de xullo nun acto que terá lugar ás 20:30 horas na Casa da Cultura do concello da Guarda. O programa do día anuncia unha charla da filóloga Marta Dacosta sobre "O traballo da muller no mar" e a posteriori o pase do documental "Un mar de mulleres" dirixido por Paula Pérez González. No acto intervirán Helena Herbello do Grupo de Acción Costeira (GAC) de Vigo - A Guarda e José Manuel Domínguez Freitas, alcalde da Guarda.

Visitas guiadas e gratuítas pola Fortaleza de Monterreal, a lonxa e casco vello de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

casco_vello_baiona_WinCEA partir do 12 de xullo, os visitantes de Baiona poderán coñecer a pé os lugares máis emblemáticos da Vila a través dun conxunto visitas gratuítas que se realizarán os martes, xoves e sábados. Os martes consistirá en realizar o percorrido polas murallas da Fortaleza de Monterreal. Os xoves, os participantes realizarán un percorrido guiado pola fachada marítima que terminará coa visita á lonxa, onde poderán coñecer de primeira man o seu funcionamento e comprobar a variedade de especies capturadas polos mariñeiros. Esta é unha iniciativa nova que se pon en marcha tras comprobar o gran interese que o mundo do mar suscita entre os turistas que visitan a Vila.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL