Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Visitas guiadas e gratuítas pola Fortaleza de Monterreal, a lonxa e casco vello de Baiona.

Visitas guiadas e gratuítas pola Fortaleza de Monterreal, a lonxa e casco vello de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
casco_vello_baiona_WinCE

A partir do 12 de xullo, os visitantes de Baiona poderán coñecer a pé os lugares máis emblemáticos da Vila a través dun conxunto visitas gratuítas que se realizarán os martes, xoves e sábados. Os martes consistirá en realizar o percorrido polas murallas da Fortaleza de Monterreal. Os xoves, os participantes realizarán un percorrido guiado pola fachada marítima que terminará coa visita á lonxa, onde poderán coñecer de primeira man o seu funcionamento e comprobar a variedade de especies capturadas polos mariñeiros. Esta é unha iniciativa nova que se pon en marcha tras comprobar o gran interese que o mundo do mar suscita entre os turistas que visitan a Vila.

Estas visitas estarán guiadas polos alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego “Baiona Ergasía”, na modalidade de Promoción turística local e atención ao visitante, desenvolvidos pola Concellería de Turismo local.

Os sábados continuarase coas visitas ao Casco Histórico de Baiona, acompañados por unha Guía Oficial de Galicia. Todas as visitas realizaranse ás 11:00 horas e terán como punto de partida a Oficina de Turismo de Baiona. O calendario está previsto para os meses de xullo e agosto.