Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Que o Apalpador vos traia moitas castañas

Correo-e Imprimir PDF

O carboeiro Apalpador de barriguiñas
Nesta ocasión e seguindo a corrente percorre Galicia para recuperar a figura dun personaxe do nadal máis propio da nosa terra, valminor.info quere adicarlle este nadal tamén a este xigante carboeiro do Caurel.

O Apalpador, un carboeiro xigante que baixa pola noite dende as aldeas do Courel, do Cebreiro e do Val de Lóuzar, para apalpar as barriguiñas dos cativos de todo o país e deixar castañas aos que máis baleira a teñan.

O físico e divulgador científico Jorge Mira Pérez presenta as súas últimas pescudas este venres en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

jorgemiraO físico e divulgador científico Jorge Mira Pérez brindará a conferencia "Que distancia nos separa do firmamento?" este venres 16, ás 20:30 horas en Gondomar. No marco das TERTULIAS do Instituto de Estudos Miñoranos, Mira afondará nas últimas pescudas da física na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira Nº10, baixo. O acto é aberto ao público en xeral.

A Concellería de Patrimonio de Pontevedra visitou os espazos musealizados polo IEM no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

outeiro-dos-lameiros-valminA Concellería de Patrimonio de Pontevedra organizou unha visita o pasado sábado 10 de decembro ao Val Miñor. Unhas 70 persoas percorreron algúns dos espazos intervidos polo Instituto de Estudos Miñoranos para a súa posta en valor. A maioría dos visititantes proviñan do concello de Pontevedra, entre eles, un nutrido grupo de veciños da parroquia de Salcedo.

Narrativa contemporánea francesa na sesión de decembro do club Sete Vidas en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

librosrlinhEste martes 13 celébrase a sesión de decembro do club Sete Vidas da Asociación Espazo Lectura, centrada na novela A neta do señor Linh (Rinoceronte, 2010), do autor francés e guionista de cine e televisión Philippe Claudel. A cita será a partir das 20.00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar. A tradutora da novela ao galego, Isabel García Fernández, achegarase á biblioteca a partir das 21:00 horas para falar cos lectores e lectoras.

Utopías emergentes, o novo disco de Dakidarría

Correo-e Imprimir PDF

dakidarriaA banda de ska-punk miñorán Dakidarría lanzou fai uns días o videoclip "Sigue ardiendo" extraído do seu traballo musical Utopías Emergentes que dende onte 29 de novembro está á venda.

Os fans poderá desfrutar do concerto dunha das bandas miñoráns máis activas, éste venres día 2 na taberna Marrucho en Baiona, e o sábado 3 no Bar Liceum de Porriño.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL