Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Que o Apalpador vos traia moitas castañas

Que o Apalpador vos traia moitas castañas

Correo-e Imprimir PDF
O carboeiro Apalpador de barriguiñas


Nesta ocasión e seguindo a corrente percorre Galicia para recuperar a figura dun personaxe do nadal máis propio da nosa terra, valminor.info quere adicarlle este nadal tamén a este xigante carboeiro do Caurel.

O Apalpador, un carboeiro xigante que baixa pola noite dende as aldeas do Courel, do Cebreiro e do Val de Lóuzar, para apalpar as barriguiñas dos cativos de todo o país e deixar castañas aos que máis baleira a teñan.

Ben fermosa que é a súa historia, pero sen embargo a súa recuperación tradicional está sendo protagonizada polos colectivos sociais máis comprometidos co país, como varios SNL da zona que xa llo presentaron aos Reis Magos.

I é que o rescate da figura do Apalpador vai ligada á reivindicación dun nadal menos consumista, un Nadal alternativo no que priman os valores aos regalos. O mero feito de substituir a Papa Noel por este persoeiro da terra fala por si só.

E con esta cantiga do Apalpador de Xabier Dias dende valminor.info desexámos que teñades unha feliz noite e que o ano 2012 sexa próspero de verdade para todos e todas

 

Dim lights Embed Embed this video on your site