Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O Apalpador chega a Gondomar para despedir o ano na Casa da Lectura de Donas.

O Apalpador chega a Gondomar para despedir o ano na Casa da Lectura de Donas.

Correo-e Imprimir PDF
anton e_o_apalpador_9103


Dentro das actividades semanais de dinamización lectora organizadas pola asociación Espazo Lectura, este mércores 21 de decembro na Casa da Lectura (biblioteca e centro de recursos xestionado por Espazo Lectura e situado na parroquia de Donas, Gondomar) celebra unha sesión especial de despedida de ano cun personaxe propio da tradición galega do Nadal, o Apalpador.

O apalpador baixa a noite do 31 de decembro para visitar aos nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura.

A compañía Barafunda Animación presentará, a partir das 18.30 horas, un espectáculo baseado no conto Antón e o Apalpador que combina contacontos, música, maxia e xogos.