Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A Asociación de Veciños Dunas de Nigrán organiza o festival multicultural de artes escénicas “Dunas”

A Asociación de Veciños Dunas de Nigrán organiza o festival multicultural de artes escénicas “Dunas”

Correo-e Imprimir PDF
Capela das Angustias, Nigrán.

A Asociación Veciñal Dunas de Nigrán, organiza en colaboración con Barafunda Animación e do Concello de Nigrán, o festival multicultural das artes escénicas "Dunas". A actividade terá lugar mañá venres 29 xullo, entre as 20.00 e as 22.30 no recinto do Torreiro da igrexa das Angustias, espazo cedido gratuitamente pola Asociación Cultural das Angustias, Nigrán.

No festival actuarán diversos grupos e artistas, polo que os asistentes poderán gozar de actuacións de baile e cantantes de distintos países e rexións, malabaristas e equilibristas, exhibicións de artes orientais etc. Ademais, mediante a organización deste festival a Asociación Dunas colaborará coa ONG "Axuda ao necesitado", que presta a súa axuda ás persoas máis necesitadas do Val Miñor.

O acto contará coa presenza do alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e a concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva, entre outros membros do equipo de goberno.