Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O físico e divulgador científico Jorge Mira Pérez presenta as súas últimas pescudas este venres en Gondomar.

O físico e divulgador científico Jorge Mira Pérez presenta as súas últimas pescudas este venres en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
jorgemira

O físico e divulgador científico Jorge Mira Pérez brindará a conferencia "Que distancia nos separa do firmamento?" este venres 16, ás 20:30 horas en Gondomar. No marco das TERTULIAS do Instituto de Estudos Miñoranos, Mira afondará nas últimas pescudas da física na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira Nº10, baixo. O acto é aberto ao público en xeral.

 

Jorge Mira Pérez é licenciado e Doutor en Física pola USC con Premio Extraordinario. É catedrático de electromagnetismo na Facultade de Física desta Universidade. Foi finalista do Premio de la Real Sociedad Española de Física a Investigadores Noveles (1999), Premio de investigación en ciencia e tecnoloxía da Deputación de Pontevedra (2001), Premio da Real Academia Galega de Ciencias (2002), Premio do Colegio Oficial de Físicos de España (2010), XXXIV premio da Crítica de Galicia na modalidade de investigación (2011) e Mención de Honor do Premio de investigación da real Academia Galega de Ciencias (2011).

No seu labor como divulgador científico colaborou en diversos programas de televisión como Que serán? (TVE-Galicia) ou "Arrampla con todo" e «Ciencianosa», na TVG, nesta cadea é, ademais, o experto en cifras del concurso «Cifras e letras». Colabora en programas de divulgación en radio e prensa escrita. Pola súa actividade divulgadora recibiu diferentes galardón como o «Física en Acción», da Real Sociedad Española de Física (2000), Mención de Honor no «Premio Ciutat de les arts i de les ciencias de Valencia» (2001) e o Premio Nacional «Ciencia en Acción», do MEC e o EIROForum (2005). En 2010 a organización deste premio concedeulle a súa Medalla de Honor "pola súa ampla traxectoria de apoio á comunicación científica". En 2011 concedéuselle o Premio "José María Savirón" de divulgación científica (ex-aequo co programa de TVE-2 "Tres14"), "pola súa destacada labor divulgativa a través de radio, prensa e televisión, e tamén a través del programa ConCiencia, con participación de varios Premios Nobel". En 2005 foi destacado na portada do número conmemorativo do décimo aniversario da sección "Next Wave" de la revista Science pola combinación da actividade de profesor universitario e divulgador científico.

É tamén responsable do Programa ConCiencia, una iniciativa de divulgación científica que se desenvolve coa participación de diferentes Premios Nóbel

En 2010 publicou o seu primeiro libro A ciencia no punto de mira, traducido ao castelán en 2011.

Como é tradición nos faladoiros do IEM, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea co convidado que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe Gondomar á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680644490 ou ben no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo