Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura A Concellería de Patrimonio de Pontevedra visitou os espazos musealizados polo IEM no Val Miñor.

A Concellería de Patrimonio de Pontevedra visitou os espazos musealizados polo IEM no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
outeiro-dos-lameiros-valmin

A Concellería de Patrimonio de Pontevedra organizou unha visita o pasado sábado 10 de decembro ao Val Miñor. Unhas 70 persoas percorreron algúns dos espazos intervidos polo Instituto de Estudos Miñoranos para a súa posta en valor. A maioría dos visititantes proviñan do concello de Pontevedra, entre eles, un nutrido grupo de veciños da parroquia de Salcedo.

 

O percorrido comezou no monte de Saiáns (Vigo) , onde guiados por Xosé Lois Vilar e Xilberte Manso visitouse a recente musealización do Castro de Estea, ademais dos muíños e petróglifos localizados neste espazo rico en natureza e patrimonio arqueolóxico e etnográfico.

Posteriormente o grupo trasladouse ata os montes de Santa Cristina da Ramallosa (Baiona) para coñecer a estación arqueolóxica (tamén musealizada polo IEM) de Outeiro dos Lameiros. A pesar das inclemencias do tempo (choiva, néboa e moito vento) os visitantes aceptaron a invitación para achegarse ata o Monte Boi (Baiona) para un percorrido pola contorna da fortaleza.

Dim lights Embed Embed this video on your site