Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

V Xornadas Audiovisuais sobre cerámica en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

V Xornadas Audiovisuais sobre cerámica en NigránA escola municipal de cerámica, en colaboración co Concello de Nigrán e o Obradoiro de Cerámica dá Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, celebrará a partir do próximo 23 de xaneiro as V Xornadas Audiovisuais sobre Cerámica. O ciclo de proxeccións, que terán lugar no Centro Antena (Panxón) ás 19.00 horas, prolongarase até o próximo mes de maio.

Nace o proxecto "As escollas electivas", un novo espazo virtual para os poetas en lingua galega.

Correo-e Imprimir PDF

ordandor taza_boliOs poetas de Galicia ten un novo espazo autoxestionado onde dar a coñecer os seus traballos coa creación do Blog As escollas electivas. Unha iniciativa privada, que segundo definen os seus creadores ourensáns , Suso Díaz e Maripaz Paz, está inspirada noutros proxectos similares (que puxo en marcha o arxentino Alejandro Méndez), e que teñen como único fin amosar a poesía dos autores vivos galegos.

Encontro de Marta Dacosta cos lectores do seu libro "Acuática alma" na librería Libraida de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

 

presentacionacuatica2912201Este sábado 31 de decembro, desde as 12 e até as 13:30 horas, a escritora Marta Dacosta asinará exemplares do seu libro Acuática alma na librería Libraida de Godomar. O libro está editado por Espiral Maior e é o sexto poemario da autora.

A poesía foi a protagonista da derradeira actividade 2011 do IEM coa presentación de Acuática Alma.

Correo-e Imprimir PDF

presacuaticaalmaA Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoranos, acolleu este xoves a presentación do poemario Acuática Alma (Espiral Maior, 2011) da escritora gondomareña Marta Dacosta. No acto participaron o tamén escritor Miguel Anxo Mouriño polo Instituto de Estudos Miñoranos e Miguel Anxo Fernán pola casa editora. A presentación contou coa interpretación de fragmentos do poemario por parte da autora e dos novos Duna e Aldán.

O Concello de Gondomar ofrece entradas para concorrer ao III Certame de Rondallas Deputación de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Gondomar dispón de entradas para concorrer ao III Certame de Rondallas Deputación de Pontevedra. Todos aqueles que o desexen poden retirar invitacións na Secretaría do Concello ou na Casa da Cultura a fin de acompañar ás agrupacións locais durante a súa actuación.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL