Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O Concello de Gondomar ofrece entradas para concorrer ao III Certame de Rondallas Deputación de Pontevedra.

O Concello de Gondomar ofrece entradas para concorrer ao III Certame de Rondallas Deputación de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Gondomar dispón de entradas para concorrer ao III Certame de Rondallas Deputación de Pontevedra. Todos aqueles que o desexen poden retirar invitacións na Secretaría do Concello ou na Casa da Cultura a fin de acompañar ás agrupacións locais durante a súa actuación.

 

O III Certame de Rondallas Deputación de Pontevedra se celebrará o vindeiro 8 de xaneiro no IFEVI a partir das cinco da tarde e xa están inscritas once agrupacións de distintas localidades da provincia. A primeira clasificada recibirá un premio de 2.500 euros; a segunda, 2.200 euros; e a terceira, 1.900 euros. Ademais haberá un premio de 500 euros ao mellor conxunto de abanderados.