Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

75 anos despois os historiadores amosan unha nova mirada da represión franquista en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

 

75-dias-despoisOs medos do Vaticano ante unha posible viraxe pro nazi do réxime de Franco. A inquedanza dos historiadores ante os atrancos que atopan á hora de solicitar acceso aos arquivos da ditadura. A reiteración de apelidos e familias ao longo da historia nas distintas estruturas de poder en Galicia. E as alianzas entre patróns e gobernos para reprimir as asociacións mariñeiras, son algúns dos temas abordados pola nova historiografía galega durante o ciclo 75 anos despois que se está a desenvolver na Capitanía Marítima de Baiona.

Sabarís será o fogar dos coleccionistas na segunda quincena de decembro.

Correo-e Imprimir PDF

casatianiA andaina pemanente de Nieves Loperena non remata nas súas pescudas de antiguallas, bibliotecas, e todo aquelo que deixamos amoreado nos faidos, para logo reconvertirllos en obxectos de valor no seu Mercado da Tía Ni. Agora decidiú xuntar a tódolos coleccionistas de cualquier xeito nunhas xornadas de difusión e intercambio a desenvolverse os vindeiros sábado 17 e domingo 18 nun "Rastro del Coleccionista" nas instalcións do seu espazo cultural. Neses días os afeccionados e o público en xeral poderán cambiar, vender ou mercar pezas paras as súas coleccións.

A obra do gondomareño Fernando Casás no cume da arte galega 2012.

Correo-e Imprimir PDF


casas{plusone}O Centro Galego de Arte Contemporánea decidiu "consagrar" o seu programa para o ano 2012 á obra do artista miñorán Fernando Casás. O anuncio fíxose este luns 21 de novembro polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela, tras a reunión co Padroado da institución.

Presentación das novas achegas da historiografía da Guerra Civil e a represión franquista en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

ciclo-baionaO Instituto de Estudos Miñoranos e a Comisión "Volta dos Nove" organizan un ciclo de actividades para lembrar e coñecer a sublevación militar de 1936 e os tristes e dolores acontecementos que lle sucederon. O ciclo consiste na presentación de cinco libros editados no ano 2010 e que percorren distintos aspectos tantos dos anos da Guerra como da represión posterior á mesma. Así mesmo farase unha achega ao acontecido na vila de Baiona e unha homenaxe artística aos "Nove de Baredo" e ás vítimas da persecución franquista.

Holocausto zacoe: poesía galega con humor e mala hostia

Correo-e Imprimir PDF

urbano esmerode_calros_solla_vt 

2009 (EC)

antes do confinamento indíxena, Galiza contaba cunha
poboación de 2'8 millóns de habitantes (españoles, hispa-nogallegos y otros).
Os galegos (zacoes) eran a minoría étni-ca aborixe.”

Estado Maior das ZZ” (Holocausto zacoe, Calros Solla, 2011)

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL