Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Sabarís será o fogar dos coleccionistas na segunda quincena de decembro.

Sabarís será o fogar dos coleccionistas na segunda quincena de decembro.

Correo-e Imprimir PDF
casatiani

A andaina pemanente de Nieves Loperena non remata nas súas pescudas de antiguallas, bibliotecas, e todo aquelo que deixamos amoreado nos faidos, para logo reconvertirllos en obxectos de valor no seu Mercado da Tía Ni. Agora decidiú xuntar a tódolos coleccionistas de cualquier xeito nunhas xornadas de difusión e intercambio a desenvolverse os vindeiros sábado 17 e domingo 18 nun "Rastro del Coleccionista" nas instalcións do seu espazo cultural. Neses días os afeccionados e o público en xeral poderán cambiar, vender ou mercar pezas paras as súas coleccións.

 

As prazas son limitadas así que aqueles que desexen reservar espazo ou queran informarse das características do evento, deben facelo antes do 10 de decembro nos teléfonos 686 484 812 ou no 676 904 007. Tamén no Mercado da Tía Ni, na Rúa Julián Valverde, 36 en Sabaris (Baiona).