Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura 800 Anos en 800 Caracteres: Concurso de microrrelatos galegos en Facebook.

800 Anos en 800 Caracteres: Concurso de microrrelatos galegos en Facebook.

Correo-e Imprimir PDF
el-telefono-movil-el-principal-deseo-300x199

No marco da conmemoración dos 800 anos da catedral, ponse en marcha a través de Facebook o concurso MICROCompH!ostalería. 800 Anos en 800 Caracteres. A iniciativa foi presentada está mañá polo secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e o director de comunicación e márketing de Asociación Hostelería Compostela, Aser Álvarez.

Para participar no certame, cómpre unirse ao grupo do concurso en Facebook. A continuación, bastará con postear o microrrelato, cuxa temática deberá estar relacionada co 800 aniversario da catedral de Santiago. Os textos deberán estar redactados en galego e será indispensable que non superen os 800 caracteres. O prazo de presentación dos relatos remata o día 31 de outubro de 2011.

Difusión nos medios dos relatos máis votados

Os dez microrrelatos máis votados pasarán á fase final do concurso, na que o xurado designará os tres gañadores e o premio especial para o mellor relato de temática gastronómica. Os gañadores comunicaranse antes do día 15 de novembro. Os traballos premiados serán publicados na revista CompHostelería, así como nos medios de comunicación colaboradores no concurso, que tamén divulgarán os textos máis votados. No certame tamén colaboran o Consello da Cultura Galega, o Museo da Catedral de Santiago, o Mercado de Abastos de Santiago, o Concello de Santiago e o Consorcio de Santiago.

Manteis para achegar o galego ao tempo de xantar

Ademais do certame, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Asociación Hostelería Compostela colaboran noutras iniciativas para promover a lingua galega a través do ámbito hostaleiro. Con este obxectivo, teñen en marcha a campaña Xantar Compostela, que leva distribuídos entre os establecementos da asociación máis de 200.000 manteis con xogos e palabras para achegar a lingua galega ao tempo de xantar. Ademais, ao abeiro do convenio tamén se distribúe a revista en galego Comphostalería, que ten como destinatarios ao sector de hospedaxe e de restauración de Santiago de Compostela e comarca.