Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Cinco finalistas no IV Premio de Poesía Victoriano Taibo.

Cinco finalistas no IV Premio de Poesía Victoriano Taibo.

Correo-e Imprimir PDF
Cartel-IV-Premio-Victoriano-Taibo

{plusone}Última viaxe ao mar, Tupperware, O vals e a rosa, A cidade imposible e Holocausto Zacoe son as cinco obras finalistas elixidas polo xurado do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local Menor de Morgadáns, que retribuirá ao gañador con 3.000 euros en metálico, unha peza escultórica de Fino Lorenzo e mais a publicación da obra. A obra e identidade do gañador darase a coñecer nos próximo días, informou o Instituto de Estudos Miñoranos, creador do certame que celebra esta ano as súa cuarta edición.

O xurado do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns reuniuse o pasado 2 de setembro de 2011 para deliberar sobre os orixinais que, nun total de 47, se presentaron nesta convocatoria.  Segundo un comunicado do IEM, a  participación "non só foi abundante senón tamén de gran calidade, como sinalaron unanimemente os membros do xurado, feito que dificultou a decisión de distinguir un dos libro co galardón deste ano polo que, nesta primeira reunión deliberatoria, decidiron seleccionar cinco finalistas para, en breves días, elixir un deles como gañador do certame

O gañador, cuxo nome e obra faranse públicos en breve, recibirá o premio co que está dotado este certame no transcurso dun acto que se celebrará a mediados de novembro, en cuxo momento será tamén presentado o libro gañador editado polo Instituto de Estudos Miñoranos.