Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O artista plástico Claudio Maseiro inicia obradoiros de pintura no Mercado de la Tía Ni, en Sabarís

O artista plástico Claudio Maseiro inicia obradoiros de pintura no Mercado de la Tía Ni, en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
O artista Claudio Maseiro coordinará obradoiros de pintura en Sabarís

No espazo cultural de Sabarís o Mercado de la Tía Ni estase a desenvolver un taller de debuxo e pintura a cargo do recoñecido artista plástico Claudio Maseiro. O obradoiro preséntase como un ensino accesible para todas aquelas persoas con intención de iniciarse no mundo da pintura. Actualmente están a rematar os talleres curtos do verán de debuxo e carboncillo, e o vindeiro venres 2 de setembro comeza un de pastel e xices e outro de acuarelas ata o 30 de setembro. Os interesados deben comunicarse ao teléfono 689 62 46 85.

Tamén estanse a preparar os cursos de inverno que abranguen talleres de óleo, debuxo e acuarela para adultos ademais dun obradoiro artístico para nenos. O modelo de ensino aplicado nestes programas non require coñecementos previos nin habilidades especiais para a pintura. “O meu lema sempre foi cando queiras pintar o debuxar e non podas… o problema e meu”, sinala Maseiro. Estes obradoiros de pintura levan vinte anos no Val Miñor e por el pasaron entorno ás dous mil persoas, “dende os oitenta e tantos ata os catro anos”, advirte o artista.