Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O Nigrán Jazz 2011 xa ten cartel

O Nigrán Jazz 2011 xa ten cartel

Correo-e Imprimir PDF
The-Jazz-Man
O xurado do concurso de carteis do Nigrán Jazz xa ten un veredicto polo concurso de carteis creado para elixir a que será a imaxe da edición deste ano do festival. O cartel gañador responde ao nome de The Jazz Man, e o seu creador, un ilustrador e deseñador gráfico de 31 anos, percibirá un premio de 500 euros pola súa creación. O gañador foi seleccionado de entre unha trintena de participantes, nun fallo moi rifado, xa que houbo que realizar un desempate que se saldou cunha diferenza a favor de The Jazz Man dun punto. O cartel que se achega será a imaxe do festival homenaxe a Quim Alborés, que se celebrará os próximos 26 e 27 de agosto na Foz, A Ramallosa.