Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Remodelación da web da Axencia Galega das Industrias Culturais con novas prestacións aos usuarios.

Remodelación da web da Axencia Galega das Industrias Culturais con novas prestacións aos usuarios.

Correo-e Imprimir PDF
web-agadic

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo estrea nova páxina web que, mantendo o seu enderezo www.agadic.info, actualiza o seu deseño e estrutura para dar cabida a novas seccións multimedia, ás redes sociais e aos contidos de actualidade xerados polo propio sector.

Así, xunto cos apartados de novas, carteleira e avisos relacionados directamente coa actividade da Agadic, incorpórase agora unha sección que, baixo o título Olladas, recolle noticias e eventos protagonizados polos propios profesionais das industrias culturais e clasificados por sectores: audiovisual, escena, música, etc.

Canle TV

Esta nova páxina está preparada, así mesmo, para albergar os contidos audiovisuais anteriormente aloxados na plataforma web flocos.tv, tal e como fora anunciado polo director da Agadic, Juan Carlos F. Fasero. Nestes momentos, estanse a desenvolver os axustes técnicos precisos para a visualización deste catálogo audiovisual directamente dende a web da Agadic, a través dunha nova sección denominada Canle TV.

A web da Agadic incorpora, ademais, dous novos apartados multimedia –Galería e Vídeos–, así como os vínculos ás redes sociais ás que a entidade da Consellería de Cultura se incorporou recentemente a través dunha canle propia en YouTube e unha páxina en Facebook.

Tamén se reestruturou e actualizou a información de carácter institucional e de servizo ao sector, que agora conta cun acceso directo ao apartado de Axudas, a través do que se informa puntualmente do estado das distintas convocatorias de subvencións da Agadic ao sector (industrias culturais e audiovisual). Programacións, proxección exterior, centros de produción, premios, publicación e prensa son outros dos apartados informativos desta web, desde a que se facilita o acceso, asemade, á intranet galescena.info como ferramenta de traballo para as compañías e programadores dos espazos adscritos ás redes e circuítos promovidos pola Agadic.