Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Gonzalo Navaza nomeado novo Académico Correspondente da Real Academia Galega.

Gonzalo Navaza nomeado novo Académico Correspondente da Real Academia Galega.

Correo-e Imprimir PDF
Gonzalo Navaza Blanco
Gonzalo Navaza Blanco foi nomeado Académico Correspondente da Real Academia Galega a través dunha resolución do seu Plenario, reunido o pasado venres 30 de setembro. Nado en Lalín (1957) e residente dende hai anos na parroquia de Peitieiros (Gondomar), Navaza é profesor titular na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. O seu labor investigador céntrase entre outras materias, na toponimia e na onomástica. É autor de innumerables traballos nestas disciplinas, sendo o libro Saians, número 1 da colección "O nome dos lugares", editada polo Instituto de Estudos Miñoranos, a súa última publicación nesta disciplina. O novo membro da RAE, tamén destaca como creador literario e tradutor.