Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Este venres tarde de música e poesía no espazo cultural da Casa de la Tía Ni en Sabarís.

Este venres tarde de música e poesía no espazo cultural da Casa de la Tía Ni en Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF
unhatroitadepe

 

A escritora Silvia Bardelás (Vigo, 1967) presentará a primeria obra poética Unha troita de pé (Barbantesa, 2011) este venres 30 de decembro, ás 19:30 horas, na Casa de la Tía Ni, en Sabarís. O acto contará coa presenza do coñecido escritor Gonzalo Navaza e de Penélope Pedreira pola casa editora. Durante o transcurso do acto o grupo Doce cordas brindará un concerto de tres violíns e chelo. Ao final a público será convidado cun viño.

A autora

Silvia Bardelás é licenciada en Filosofía, centrou os seus estudos de posgrao na Estética aplicada á literatura. Traduce do alemán, inglés e portugués, colabora en distintas editoriais e coordina premios literarios. Ensina Creación Literaria en distintos centros e dirixe a revista dixital El lector perdido.com.

Aínda que non reside habitualmente en Galicia, o galego é a súa lingua literaria. En 2010 publicou coa mesma editorial a novela As Médulas.

.