Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Homenaxe a Don Paco del Riego en Lugo e presentación do libro biográfico "Lume Aceso".

Homenaxe a Don Paco del Riego en Lugo e presentación do libro biográfico "Lume Aceso".

Correo-e Imprimir PDF
Francisco Fernández del Riego

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, clausurou hoxe pola tarde o acto homenaxe a un dos referentes do mundo cultural e intelectual de Galicia, Francisco Fernández del Riego, celebrado na casa da cultura de Lourenzá, Lugo. Durante o acto presentouse a obra “Lume Aceso” sobre a vida do escritor "Fillo adoptivo de Nigrán" e "Socio de Honra do Instituto de Estudos Miñoranos", falecido en novembro de 2010 .

Durante a súa intervención o conselleiro recordou ao homenaxeado, do que dixo que “o seu inmenso, inabarcable legado, non só a súa obra, continúa con nós: a defensa da lingua e da cultura, a paz e o entendemento, o respecto polos valores profundos, a democracia e a liberdade de expresión, a dignidade dos homes e as mulleres deste país.

Durante o transcurso do acto interviron un familiar do escritor así como Manuel Román e Xosé López, autores do libro “Lume Aceso” dedicado a Del Riego. Ademais tivo lugar unha sección musical a cargo de Mayra e Lino Rico. O encontro completárase cuns recitais poéticos a cargo de Esperanza Rey e Xosé López.

O homenaxeado

Cómpre sinalar que o volume “Lume Aceso” recolle a vida do intelectual galego que presidiu a Real Academia Galega desde o 29 de novembro 1997 ata a mesma data de 2001; e dirixiu a Fundación Penzol, ademais de ser o creador do Día das Letras Galega, en 1963. O escritor recibiu a Medalla Castelao da Xunta en 2010. Cómpre destacar que foi un dos artífices da editorial Galaxia, e dirixiu xunto a Ramón Piñeiro a revista “Grial” nos cen primeiros números. Ademais recibiu numerosos premios como o Trasalba; Pedrón de Oro; de creación Cultural da Xunta de Galicia; das Artes e as Letras de Galicia; Celanova; Medalla de Oro da Cidade de Vigo; a Casa dos Poetas. Foi nomeado Douctor honoris causa pola Universidade de Vigo e Galego Egregio pola Fundación dos Premios da Crítica.

Ao remate do acto homenaxe e da presentación da obra “Lume Aceso”, os presentes asistiron á inauguración da mostra “Francisco Fernández del Riego: unha vida por unha cultura e un pais”, cedida pola Fundación Penzol.

No acto estiveron presentes o alcalde do concello, Vidal Martínez-Sierra López; o conselleiro de Cultura, Roberto Varela; e o secretario de Política Lingüística da Consellería de Educación, Anxo Lorenzo; entre outras autoridades e membros da familia de Del Riego.