Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona e Nigrán promoven o Concurso Fotográfico Camiño Portugués da Costa

A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona e Nigrán promoven o Concurso Fotográfico Camiño Portugués da Costa

Correo-e Imprimir PDF

Nace o primeiro concurso fotográfico para promocionar o Camiño Portugués da Costa nos concellos galegos e portugueses. Nesta iniciativa conxunta dos concellos de A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona e Nigrán, poden participar fotógrafos profesionais e afeccionados. O tema proposto é o Camiño Portugués da Costa en todas as súas manifestacións etnográficas, relixiosas, xeográficas, paisaxísticas e culturais.

O concurso consta dunha fase local, é dicir, cada concello escollerá os premiados entre as fotografías presentadas. Os participantes presentarán as súas fotografías no concello a onde pertenza o espazo retratado. Os gañadores locais dos concellos galegos e portugueses optarán a fase final. Cos premiados organizarase unha exposición fotográfica itinerante entre os concellos participantes.

O obxectivo principal do concurso é fomentar o descubrimento do Camiño asociado ás súas paisaxes e o seu patrimonio incentivando a promoción do territorio e a cultura propia do Concello. Os interesados poden consultar as bases publicadas nas webs municipais dos concellos tendo en conta que o prazo remata o 12 de decembro.