Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Presentación dun estudo e antoloxía sobre o escritor da primeira novela da Guerra Civil en galego

Correo-e Imprimir PDF

A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación pública dun estudo e antoloxía que recupera a obra e a vida de dúas voces centrais do exilio galego en Bos Aires (Arxentina): as dos escritores Ramón de Valenzuela e María Vitoria Villaverde.

Política Lingüística e a Federación Galega de Xadrez editan un manual dixital.

Correo-e Imprimir PDF

Ajedrez_jaque_mateAprender a xogar ao xadrez de forma doada, pedagóxica e en lingua galega. Ese é o principal obxectivo de Xadrez para Todos, unha colección de manuais para o ensino do xadrez nos ámbitos educativo, deportivo e lúdico.

A segunda edición de Vigo Transforma incluirá o primeiro Foro Internacional de Festivais Musicais

Correo-e Imprimir PDF

festival-vigo-transforma-2011-1Os próximos días 29 e 30 de xuño, e dentro da programación do Festival Vigo Transforma, terá lugar o primeiro Foro Internacional de Festivais Musicais, que se celebrará na súa primeira xornada en San Simón, a Illa do Pensamento, na Ría de Vigo e na Estación Marítima do Porto de Vigo na segunda. Esta segunda edición de Vigo Transforma, que terá lugar entre o 23 de xuño e o 2 de xullo, conta co apoio da Xunta de Galicia e está incluída no Ano da Música 2011.

Recoñecemento da Consellería de Cultura ao grupo Berrogüetto.

Correo-e Imprimir PDF
Roberto Varela mantivo un encontro cos integrantes do grupo galego de música tradicional Berrogüetto

O grupo de música Berrogüetto foir recidbido polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, en San Caetano (A Coruña). O grupo foi felicitado pola obtención do Premio da Música á Mellor Canción en Galego, outorgado pola Academia das Artes e as Ciencias da Música o pasado 19 de maio na gala da XV Edición dos Premios da Música. O galardón recibido por Berrogüetto no teatro Arteria Coliseum de Madrid premia á súa canción ‘Alalá da noite’ que abre o disco ‘Kosmogonías’, o seu último traballo de estudo.

Director, guionistas e actores da película "18 comidas" estarán presentes na exhibición no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

18comidasO vindeiro sábado18 de xuño ás 22:30h no Auditorio Lois Tobío de Gondomar pase do filme "18 comidas", organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos e coa colaboración do Concello de Gondomar. Ao remate da proxección haberá un coloquio co seu director Jorge Coira, a coguionista, colaboradora do IEM e veciña de Morgadáns, Araceli Gonda e algún dos actores, pendente de confirmar. A entrada é libre.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL