Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Insomnio

Correo-e Imprimir PDF

stop-motionInsomnio é unha peza experimental realizada en stop motion por Rubén Domínguez e Eire García. O montaxe e postprodución é de Rubén Domínguez. Interpretado por Santi Zubizarreta, Eire García e Rubén Domínguez. A música de Delia Derbyshire, The United States of America, Sun Ra e John Cage.

Gondomar estará presente no festival Pa-ta-ta, a mostra de fotografía emerxente de Granada

Correo-e Imprimir PDF

festival-pa-ta-taO Concello de Gondomar estará presente este ano no Festival Internacional de Fotografía Emerxente de Granada PA-TA-TA cunha recopilación dos mellores traballos presentados á primeira edición dos Encontros de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez, organizados pola Concellería de Cultura en setembro de 2010. Así, Manikarnika, Hugo Aboal,Miradas de Caracol -Álvaro Sanz-, Miguel Sanjurjo, Carlos Costas e Brunheira –fotógrafos participantes no 2010- terán a oportunidade única de mostrar o seu traballo nun dos certames de fotografía nacional con maior proxección. As fotografías destes autores, moitas relacionadas con Gondomar, proxectaranse na Plaza de la Catedral da capital granadina o vindeiro 1 de xuño.

Libro de Pedra, unha visita virtual á catedral de Santiago.

Correo-e Imprimir PDF

catedral-de-santiagoA web ‘Libro de Pedra’, programada pola Consellería de Cultura e Turismo a través da Secretaría Xeral para o Turismo, recibiu xa un total de 32.000 visitas desde a súa posta en servizo o pasado mes de febreiro. Esta aplicación, aloxada no portal turístico de Turgalicia, ofrece a posibilidade de completar un paseo virtual pola Catedral de Santiago e pola capital de Galicia cun nivel de detalle sen precedentes desde calquera punto do mundo a través de internet.

Convocatoria a lectura de poesía en homenaxe a Lois Pereiro no Café Rañolas

Correo-e Imprimir PDF

Vento-Lois-12-M-737x1024Espazo Lectura únese a unha iniciativa de ámbito galego de homenaxe a Lois Pereiro, o autor a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas este ano. Trátase de Vento Lois, un recital expansivo que se vai celebrar ao mesmo tempo en diferentes lugares o xoves 12 de maio a partir das 20.00 horas. En Gondomar, o lugar escollido é o café Rañolas e Espazo Lectura invita a escoller algúns poemas ou fragmentos de Lois Pereiro para ler ese día. Como o tempo é escaso,os organizadores solicitan a confirmación canto antes ao teléfono 637 923 703.

 

 

“O mar do fin do mundo” gaña o 1º premio do Ciclo Internacional de Cines Submarino de San Sebastián.

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe do film

O mar da fin do mundo, documental científico galego sobre os cefalópodos das costas de Galicia vén de facerse co primeiro premio do Ciclo Internacional de Cine Submarino de San Sebastián CIMASUB 2011. O reino dos cefalópodos, que contou coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, acadou o galardón na categoría de traballos de máis de 25 minutos. Producido por José Irisarri, dirixido por Manuel Uhía e coa participación de Manuel E. García como cámara e documentalista, o documental, que constitúe unha completa produción audiovisual sobre a vida dos cefalópodos nas rías galegas, foi distribuído o pasado mes de marzo en todos os centros educativos de Galicia, co fin de achegarlles aos alumnos e alumnas contidos curriculares propios das ciencias naturais en galego.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL