Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Ábrese o prazo de presentación de traballos para os Encontros de Fotografía Domingo Pío Quintas

Correo-e Imprimir PDF

casadaculturaA Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, vén de publicar as bases que regulan a participación na segunda edición dos Encontros de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez. Os fotógrafos que desexen participar no certame, aberto tanto a profesionais como afeccionados, deberán presentar os seus traballos antes do 15 de xuño, último día de recepción de series. Poderán envialos por correo ao Departamento de Cultura, R/ Manuel Alonso s/n (Casa da Cultura), 36380 Gondomar, indicando no sobre “II Encontros de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez”. Os aspirantes tamén poden entregar os seus traballos en man, no mesmo departamento.

A obra de Xesús Valverde: unha recuperación necesaria.

Correo-e Imprimir PDF
A mostra de Xesús Valverde o día da súa inauguración na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Aínda que é coñecido o interese dos responsables da Aula de Cultura Ponte de Rosas en Gondomar, por recuperar a sobranceiros artistas doutras xeracións, a primeira sorpresa que ofrece esta exposición, dedicada a Xesús Valverde, é a fluidez coa que encaixa na liña, aberta, contemporánea e experimental, da sala.

Música, poesía e monicreques na celebración do Día do Libro en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Reparto de libros na Alameda de San Campio, da Ramallosa.A alameda da Ramallosa acolleu a celebracións do Día do Libro en Nigrán. A partir das 11 da mañá, desenvolvéronse obradoiros e pola tarde tivo lugar unha obra de monicreques a cargo da Compañía Micronimia. Despois da obra os nenos asistentes foron agasallados con libros. A xornada rematou coa lectura de poesías e as interpretacións da cantautora Isabel Pérez.

Nigrán festexa o Día do Libro na Alameda da Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

rosaylibroO 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega. Tamén un 23 de abril naceron ou morreron outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e seus autores e alentar a todos e todas, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural. A idea de esta celebración partiu de Cataluña, dende este día é tradicional regalar unha rosa ao comprador dun libro.

Convocatoria para o XII Premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores.

Correo-e Imprimir PDF

diplomaO Concello de Mondoñedo co patrocinio da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, convoca o XII Premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores. Co fin de estimular a creación poética entre os mozos e mozas de ata 30 anos, organizan este concurso que outorgará aos gañadores premios de ata 1.500€. O prazo de admisión de orixinais remata o día 1 de xullo do ano 2011. O certame fai unha homenaxe ao poeta e xornalista  Xosé Antón Díaz Jácome, nado en Os Muíños (Mondoñedo), o 19 de abril de 1910, integrante da Xeración Literaria do 36. A súa primeira obra foi Primeiras cantigas do amor publicada en 1936, cun epílogo de Álvaro Cunqueiro e con ilustracións de Bernardino Vidarte. E en 1983, a Editorial Galaxia, na colección «Dombate», publica o derradeiro libro de poemas en galego titulado Muíño fidel. Xosé Díaz Jácome é un dos poetas que sae no volume cuarto de Escolma de poesía galega, obra feita por Francisco Fernández del Riego, publicado no ano 1955. Faleceu o 6 de setembro de 1998.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL