Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Inscricións abertas para o Entroido 2011 no Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
comparsa_nigran09O Concello de Nigrán destinará 2500 euros en premios para as comparsas que participen no Entroido 2011 organizado pola municipalidade. O prazo de inscrición abre o 28 de xaneiro ata o 18 de febreiro inclusive, en horario de 9 a 14 horas. O regulamento e as bases están dispoñibles no rexistro e na web do Concello.

Gondomar abre o prazo de inscrición para o desfile de comparsas de Entroido

Correo-e Imprimir PDF
A Concellería repartirá 5.700 euros en premios entre as agrupacións participantes.

A Concellería de Cultura do Concello de Gondomar ven de publicar as bases que rexen o tradicional desfile concurso de comparsas de Entroido, que este ano se celebrará o domingo 6 de marzo a partir das 16.00 horas. O departamento de Cultura informa ás agrupacións interesadas que o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o venres 25 de febreiro, ás 14.30 horas. Cada comparsa deberá estar formada por un mínimo de 20 persoas.

Espazo Lectura e a Biblioteca de Gondomar inauguran unha sala infantil na volta dos contacontos.

Correo-e Imprimir PDF

casadaculturaO próximo luns 10 de xaneiro inaugúrarase a nova sala infantil de dinamización da Biblioteca de Gondomar, o Recanto do Contomar, que acollerá a partir de agora as sesións semanais de contacontos que organiza a Asociación Espazo Lectura. O elevado número de familias que participan cada semana nas sesións do Contomar e as limitacións de espazo que presenta a única sala da Biblioteca Municipal levaron a Espazo Lectura a solicitar ao Concello de Gondomar a necesidade de habilitar, como existe noutras moitas bibliotecas públicas, unha nova sala destinada ás actividades de dinamización dirixidas ao público infantil. A nova sala do Recanto do Contomar presenta un mobilario e unha distribución do espazo moito máis axeitados para a organización de actividades de dinamización e supón unha ampliación que é valorada moi satisfactoriamente tanto pola asociación Espazo lectura como pola concelleira delegada da Biblioteca Municipal, Teresa Pereira.

FAKTORÍA K presenta o libro indio “La vida nocturna de los árboles”.

Correo-e Imprimir PDF

La-vida-nocturna-de-los-rbolesA editorial FAKTORÍA K presenta o libro “La vida nocturna de los árboles”, de Arumugam e seu equipo de impresores artesans en Chennai (India). O texto considerado como unha obra selecta, única e especiais, chega á península a través dun acordo coa editora Tara Books. O libro de Arumugam coñecido co alcume Míster A é presentado en España no marco do Ano Internacional dos Bosques e como gañador do Premio Novos Horizontes na Feira Internacional do Libro de Boloña en 2008.

Tanxarina chega a Gondomar con “Ah, ah, ah, Estamos Monstros de Risa”

Correo-e Imprimir PDF

tanxarina_monstros_de_risa“Ah, ah, ah, Estamos Monstros de Risa” é o nome do espectáculo que Tanxarina Teatro presentará en Gondomar mañá mércores, dentro da programación especial de Nadal da Concellería de Cultura. A obra, escrita e dirixida por Cándido Pazó, dará comezo ás 18.00 horas. O prezo das entradas é de 2.5 euros, e venderanse desde unha hora antes na taquilla do Auditorio. A obra realízase en colaboración coa Agadic, a Axencia Galega das Industrias Culturais.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL