Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Últimos días para participar do Encontro de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez.

Correo-e Imprimir PDF

concello_gondomarA mediados de mes publicarase o catálogo da primeira edición dos Encontros de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez, coincidindo coa inauguración das exposicións temporais en espazos públicos e outros establecementos de ocio do Concello de Gondomar.

Trátase dunha actividade complementaria ás exhibicións nocturnas, onde os fotógrafos participantes no certame en 2010 exporán imaxes pertencentes ás series que se presentaron na edición 2010.

Galicia ofrece aos internautas a posibilidade de facer unha viaxe virtual por 32 mosteiros da autonomía.

Correo-e Imprimir PDF
Mosteiro de Oia

A partir de hoxe pódese realizar un paseo virtual polos principais mosteiros de Galicia. Trátase de visitas fotográficas en 360 graos que posibilitan desenvolver auténticas tours turísticas para visualizar e apreciar os recursos e detalles arquitectónicos de 32 mosteiros da Comunidade galega. A experiencia pódese realizar a través da páxina web da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, www.turgalicia.es, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta.

O día que Lois Pereiro subiu á Serra do Galiñeiro

Correo-e Imprimir PDF

ies-touroo-serra-galieiroNo marco da celebración do Día das Letra Galegas, o IES Terra de Turonio realizou unha "Lectura expansiva e performance" no monte Galiñeiro con textos de Lois Pereiro por parte de alumnado de 3º da ESO. As verbas de LoisPereiro sobrevoaron o ValMiñor acompañados de sons eléctricos e acústicos da guitarra de Xosé González.

A Banda municipal de Baiona celebrou o seu 15º aniversario coa presentación dun disco.

Correo-e Imprimir PDF

A Banda municipal de Baiona presentou publicamente o seu primeiro disco coincidindo coa celebración do décimo quinto aniversario da súa fundación. No CD inclúense nove temas inéditos cuxa autoría corresponde ao director da formación musical Gabriel Rodríguez Rodríguez. O Auditorio V Centenario, a rebordar de público, foi o escenario elixido pola agrupación baionesa para dar a coñecer o contido da gravación na que tamén participou o coro de homes Voces Baionesas.

Texto da Xunta de Galicia con motivo do Día das Letras Galegas 2011 e homenaxe a Lois Pereiro.

Correo-e Imprimir PDF

lois-pereiro"Dende que o 17 de maio de 1963, por iniciativa da Real Academia Galega e en conmemoración do centenario da publicación de Cantares Gallegos, naceu o Día das Letras Galegas, a data mereceu a condición inmediata de símbolo da literatura e da lingua do noso país. Coa creación da Autonomía, o compromiso da Xunta de Galicia e a participación activa e conxunta dos galegos contribuíron a que o Día das Letras Galegas se convertera na gran festa do noso país.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL