Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Espazo Lectura propón seis medidas mínimas aos partidos para fomentar a lectura en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

rincon_espazo_lecturaEspazo Lectura quere comprometer aos partidos políticos que se presentan nas próximas eleccións municipais á cobertura de seis necesidades mínimas e imprescindibles para que o municipio de Gondomar remate de afirmar unha identidade a prol do fomento da lectura. A iniciativa contempla reclamos tales como a ampliación e mellora do espazo da biblioteca municipal, a contratación dun bibliotecario especializado, a dotación dun orzamento estable para biblioteca, a creación dun Concello Municipal de Lectura, a desafectación da antiga escola infantil de Donas onde actualmente se asenta a Casa da Lectura, todo isto para acadar os requisitos que permitirán a Gondomar convertirse na 1ª Vila do Libro en Galicia. A proposta xa está en mans dos líderes dos partidos políticos de Gondomar, e o colectivo cultural ofrécese para asesora e debatir os puntos que sexan necesarios. O primeiro obxectivo é moi claro: que estes seis puntos sexan asumidos nos respectivos programas electorais dos grupos.

Certame Literario xuvenil Conde de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

ordenador-portatil-viajes-pequenoTodos aqueles nenos e nenas, mozas e mozos do Val Miñor menores de 20 anos que lles guste a escritura están a tempo de presentarse á nova edición do Certame Literario Conde de Gondomar. A poesía ou o relato curto son as modalidades coas que pódese participar. As bases e ficha para acompañar os traballos poden retirarse na Concellería de Educación do Concello de Gondomar. O certame conta co asesoramento do Instituto de Estudos Miñoranos, en cuxo portal tamén atópanse as bases para descargar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Espazo Lectura bota andar "Gondomar, lendo para medrar" co fin de afondar a identidade lectora.

Correo-e Imprimir PDF
Logotipo da campaña creado pola artista Lorena Fernández.

A Asociación Espazo Lectura acaba de lanzar a campaña "Gondomar, lendo para medrar", unha iniciativa ambiciosa e de longa duración co fin de obter a unión das forzas vivas do concello na procura de afondar unha identidade que xa ten pegada fóra das súas fronteiras: Gondomar= Lectura. A súa presidente Concha Costas fundamentou a iniciativa nos beneficios que como atractivo cultural e turístico ten para Gondomar esta imaxe xa proxectada no exterior que vincula á esta localidade do Val Miñor cunha sempre ampla axenda cultural caracterizada pola súa solidez e estabilidade.

Espazo Lectura participa en Huesca nas "V Jornasdas Aragonesas de Bibliotecas"

Correo-e Imprimir PDF

rincon-infantil-gondomar

O 1 e 2 de abril Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura, e Rosana Estévez, vicepresidenta e responsable da área de animación, participarán en Ballobar, Huesca, nas “V Jornadas Aragonesas de Bibliotecas, Lectura y Escritura“. As datas teñen un significado especial, pois o 2 de abril é o Día Internacional do Libro Infantil.

Espazo Lectura convoca lectores para a cuarta edición de "Dar de ler coma quen dá de beber".

Correo-e Imprimir PDF
 Anaír Rodríguez e Bieito Legaspi, organizadores da cuarta edición de

Aproxímase a cuarta edición da actividade Dar de ler coma quen dá de beber organizada pola Asociación Espazo Lectura. Unha sesión de lecturas en voz alta que celébrase anualmente con motivo da conmemoración do Día do Libro. Este ano, posto que o 23 de abril coincide con Semana Santa, o acto terá lugar o venres 29 de abril. Coma en ocasións anteriores os organizadores queren reunir arredor de 30 persoas nun espazo público para ler e escoitar as lecturas e celebrar así o Día do Libro. A organización invita a participar nesta iniciativa, polo que anima a persoas de tódalas idades a escoller un libro, preferiblemente en lingua galega, e seleccionar un fragmento para ler. As lecturas non deberán durar máis de 3 minutos (é importante cinguirse ao tempo). A sesión comezará ás 19:30h e rematará aproximadamente ás 22:00h, aínda que non é necesario estar presente durante todo o acto.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL