Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Noite máxica coa arpa celta de Marta Quintana na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Correo-e Imprimir PDF
A arpista Marta Quintana na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

A arpista Marta Quintana, presentou hoxe unha escolma exquisita do seu delicado repertorio na Aula de Cultura Ponte de Rosas. Da súa arpa manaron pezas dende a máis pura tradición musical do país ata fermosísimas mixturas cos sons contemporáneos. Un concerto peculiar e íntimo pois Marta fixo a súa música en solitario, sen a habitual compaña do seu grupo de músicos. Durante o concerto interpretou varios temas do seu último traballo Amable, editado en decembro pasado.

Manuel Rivas prologa a edición en galego de “Indígnate!”, de Stéphane Hessel

Correo-e Imprimir PDF

Indgnate_capa“Indígnate!”, o opúsculo de Stéphane Hessel do que se venderon preto de dous millóns de exemplares en Francia e que vai saír publicado nunha vintena de linguas, poderase ler en galego coa edición que está a ultimar o selo editorial FAKTORÍA K para que estea no mercado nos primeiros días de marzo, ao prezo de 5 euros. O escritor Manuel Rivas asina o prólogo desta obra directa, reivindicativa e axitadora cuxo autor, un veterán supervivente da barbarie nazi, se dirixe -aos seus recios 93 anos- á sociedade en xeral, e á mocidade en particular, para que reaccione ante a inxusta realidade social, económica, política e medioambiental. A tradución de “Indígnate!”, a cargo de Fernando Moreiras, complétase coa achega de Marc Taeger no deseño da capa.

Espazo Lectura foi nomeada como "mellor iniciativa do ámbito do libro" polos editores galegos.

Correo-e Imprimir PDF
rincon-infantil-gondomarA Asociación Galega de Editores (AGE) outorgou o Premio Francisco Fernández del Riego á mellor iniciativa do ámbito do libro en Galicia a asociación miñorana Espazo Lectura. Este recoñecemento foi comunicado no marco da presentación dos finalistas aos Premios da Edición 2010 que se entregarán o próximo 12 de marzo en Lugo, na VI Noite da Edición.

Nigrán presenta o seu calendario de actividades de cara ao Día das Letras Galegas 2011.

Correo-e Imprimir PDF
O poeta e escritor Lois Pereiro homenaxeado no Día das Letras Galegas 2011.

Co obxectivo de "encher de palabras os próximos meses ata chegar ao Día das Letras Galegas", o concelleiro de Cultura Juan González anunciou un calendario de actividades a desenvolver no concello de Nigrán dende o próximo xoves 17 de febreiro. O municipio organizará unha serie de conferencias, presentacións de libros, homenaxes e obras de teatro onde autores relacionados con Nigrán e con obras que centran a súa temática neste concello falarán das mesmas e do que Nigrán significa e significou na súa traxectoria.

Instalación A-MAR de Lula Goce na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Correo-e Imprimir PDF
A-MAR instalación de Lula Goce na Aula de Cultura Ponte de Rosas. Aberto de luns a venres de 19 a 21 horas dende o 14 de febreiro ao 10 de marzo.

Sorprenderá a moitos a obra que a baionesa Lula Goce presentou o pasado venres 11 de febreiro na Aula de Cultura Ponte de Rosas. Ata de agora non formaba parte da nómina de artistas vinculados ao Val Miñor, dos que, de lonxe ou de preto, sabemos, coñecemos, ou situamos. Tampouco é doado atopar o seu nome nas listas de artistas ou exposicións do país, esperamos que por pouco tempo. A razón deste descoñecemento é que Lula pasou case un terzo da súa vida fora da nosa terra, en Salamanca primeiro, e en Barcelona despois, onde trazou as coordenadas básicas da súa obra. Pero, e isto é o mais importante, sorprenderá pola amplitude e riqueza do seu traballo, de claras connotacións poéticas e conceptuais, pola liberdade e sutileza que mostra nos visibles cambios de rexistro e a desprexuizada disposición de todos os procedementos, recursos e linguaxes que necesita para falar do que quere dicir.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL