Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

As voces do Coro Ecos do Castelo (A Carrasca) encheron a Capela de San Campio.

Correo-e Imprimir PDF

ecosdocasteloguitarraAs voces do Coro Ecos do Castelo encheron a Capela de San Campio nunha velada musical no marco dos Concertos de Nadal organizados polo Concello de Nigrán. Catorce veciñas e nove veciños da parroquia de Parada integran esta coral baixo a dirección de Samuel Carmona. O pasado domingo 26, o público asistente puido escoitar e gozar de pezas como “Fun a Fonte”, “Campanitas”, “Por ti volaré”, “Meu amor mariñeiro”, “Perfidia”, “Recuerdos de un ayer”, “Por entre as silveiras” e un “Popurrí Venezolano” cunha pinga de lembranza da Venezuela nata do seu director.

Celtic Roots chega ao CEIP Humberto Juanes.

Correo-e Imprimir PDF

todos_nenos_juanesA obra Celtic Roots que recolle unha experiencia educativa - musical con nenos de Manchester, Irlanda e Nigrán foi presentada no CEIP Humberto Juanes de Nigrán, onde naceu o proxecto. O traballo inclúe un disco de adiu e mais un dvd con cancións interpretadas polos nenos do CEIP H. Juanes, o ST. John`s Catholic Primary Scholl (Manchester – Inglaterra) e ST. Cronan’s – Bray (Irlanda).

María Goretti Fariñas recibiu o III Premio Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

maria-goretti-urbano-esmerodes-fino-lorenzoMaría Goretti Fariñas recibiu o pasado sábado o III Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local Menor de Morgadáns pola súa obra Devastacións dispoñibles. Á gañadora foille entregado un cheque por 3000 euros de mans do presidente da Entidade Local Menor de Morgadáns, Urbano Esmerode. Tamén recibiu a peza conmemorativa deste evento obra do escultor miñorano Fino Lorenzo. Na cerimonia foi presentado o libro Devastacións dispoñibles, editado polo Instituto de Estudos Miñoranos, organizador do evento.

Espazo Lectura achega ao escritor Alberto Lema ao Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

Unha-puta-percorre-europaComo tódolos meses o club de lectura Sete Vidas reúnese para compartir e debater as obras literarias clásicas e novas escritas en lingua galega. O próximo martes 14 de decembro tocará quenda ao escritor nado en Bamiro (1975) Alberto Lema. Ás 20 horas os membros do club compartirán experiencias e comentarios sobre a lectura da novela de Lema "Unha puta percorre Europa". Unha hora despois, o autor dialogará coas persoas presentes. A xuntanza é na Biblioteca de Gondomar no primeiro andar da Casa da Cultura do devandito concello.

O Coro Tracional Cantares do Brión estreou traxes e blog.

Correo-e Imprimir PDF

Cantares-do-Brion-imaxe-de-Luis-Garcia-CregoO Coro Tradicional Cantares do Brión estreou os seus traxes tradicionais de gala no XXII Homenaxe ao Gaiteiro no Centro Cultural Caixanova de Vigo o pasado 21 de novembro. O deseño dos traxes foi deseñado polos coristas Isaac Teniente e Patri González Iglesias e realizado polo taller de costura de Patri en Saiáns. O coro tradicional das Rías Baixas tamén amosou o bombo da agrupación feito polo grupo de artesás de instrumentos tradicionais de percusión Foliqueiras onde traballa outra das súas coristas, Chus Iglesias.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL