Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

A propósito de Enrique Conde. Unha ducia de construcións en madeira.

Correo-e Imprimir PDF

pezaDespois de procurar as imaxes convencionais do artista para a reportaxe de prensa, o novo e inexperto fotógrafo dispúxose a facer tomas dalgunha da ducia de pezas que compoñen esta doceava exposición na Aula de Cultura Ponte de Rosas, en Gondomar. Diante da obra de maior tamaño da mostra, tan grande que foi montada in situ coa axuda de torniquetes, o fotógrafo estivo un anaco observándoa e buscando o mellor ángulo. Entón, como froito dunha inspiración repentina, agachouse e fotografou a peza. E Enrique Conde, abraiado, exclamou polo baixiño: Ozu!

O Concello de Santiago e Kalandraka convocan o IV Premio Compostela.

Correo-e Imprimir PDF

Presentacin-4edicion-Premio-CompostelawebO Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka convocan o IV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 12.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos rematará o 28 de febreiro de 2011 e o fallo do xurado darase a coñecer o 1 de abril, previo á celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, e no marco das actividades da XI Campaña de Animación á Lectura que organizan o Concello de Santiago e Kalandraka.

O Club de Lectura Lendo Contigo recibe a visita do escritor Manuel Janeiro

Correo-e Imprimir PDF
Manuel Janeiro

O sábado 27 de novembro terá lugar a sesión mensual do Club de Lectura Compartida Lendo Contigo, dedicado a nenos e nenas de 8 a 12 anos, e seus pais e nais, e organizado por Espazo Lectura.

Nesta ocasión, o libro do que se vai falar é A abella abesullona, do escritor Manuel Janeiro (Galaxia, 2009).

O autor estará na Biblioteca de Gondomar. A cita é o sábado ás 12.00 horas.

OBRADOIRO para novos DE BANDA DESEÑADA

Correo-e Imprimir PDF

Obradoiro  banda deseñadaDesde a Concellaría de Xuventude de Nigrán convocase as persoas xoves entre 12 e 18 anos para realizar un obradoiro gratuíto de Banda Deseñada, impartido por Fran Bueno, a través da editorial El Patito Editorial e dentro do programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística para fomentar o uso do galego nas franxas de idade máis novas. O obradoiro constan dunha charla, de unha hora de duración, con proxección de vídeo e debuxos, na que se mostran pequenos trucos e claves para poder lle dar a forma ás historietas desde o guión ao debuxo e a cor.

Manel Cráneo, este martes no club de Lecturas Debuxadas de Espazo Lectura

Correo-e Imprimir PDF

Espazo_LecturaO martes 16 de novembro, celébrase unha nova xuntanza do club de cómic Lecturas Debuxadas organizado pola asociación Espazo Lectura.

Nesta ocasión, o cómic escollido é Os lobos de Moeche do ilustrador galego Manel Cráneo.

Será na Biblioteca de Gondomar a partir das 20.00 horas.

A partir das 21.00h o propio autor, Manel Cráneo, achegarase para compartir as impresións dos lectores e lectoras sobre o álbum.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL