Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Onde hai libros hai futuro

Correo-e Imprimir PDF
Concha Costas e Anxo IglesiasSe un neno non pode ler tranquilamente 60 palabras por minuto e comprender o que o texto di, dificilmente rematará os seus estudos básicos e probablemente terá moitos problemas de acceso nos mercados de traballo segundo un informe sobre sociedade e ensino elaborado polo Banco Mundial .

 

O desafío non ten fronteiras, e no Val Miñor botou a andar esta semana a campaña Onde hai libros hai futuro. Unha iniciativa de Espazo Lectura que ten por obxectivo reflexionar xunto coas nais e pais dos nenos en idade escolar da importancia das actividades familiares cara ao fomento da lectura, segundo afirmou a Valminor.info a súa presidenta a profesora Concha Costas.

Rondalla de Chaín: invitación a seu primeiro ensaio

Correo-e Imprimir PDF
A Rondalla de Chaín ten feitas moitas pasarrúas polas vilas galegas, en especial as do Val Miñor. A súa imaxe sempre asociada aos eventos que congregan á bisbarra ten de feito unha longa historia. Hoxe ás 20:00 horas no Centro Cultural “A Merced” de Chaín (Gondomar), vanse reunir para acometer o primeiro ensaio da tempada, no que invita aos interesados a participar

Música, maxia, monicreques e teatro no outono gondomareño.

Correo-e Imprimir PDF

concelleria-cultura-gondomarUnha variada carteleira de música e teatro chega a las parroquias de Gondomar a través de dous ciclos: "Música nas parroquias 2010" e “Mostra de Teatro e Maxia de Outono". Os espectáculos para este fin de semana comezan o día sábado 6 ás 19:30 horas cun concerto da Escola Infantil de Música de Vincios no Centro Cultural de Donas, a entrada é de balde. Logo, ás 22:00 horas, no Auditorio Luis Tobío de Gondomar, preséntase a obra "Nunca Menos!", da compañía viguesa Fulano, Mengano e Citano, un percorrido en clave de humor ácido a través da historia de Galicia.. O prezo das entradas é de 3,5 euros, e a venda comeza unha hora antes.

O programa do Auditorio Luis Tobío, inclúe once espectáculos: teatro para adultos, maxia e monicreques que se desenvolverán durante os meses de novembro e decembro. En canto ao ciclo musical, a banda Infantil de Vincios e o grupo Big Band, percorrerán as parroquias do municipio tódolos fines de semana.

Baiona: Exposición fotográfica "Un mar de colores".

Correo-e Imprimir PDF

Exposición fotográfica Está aberta ao público a exposición fotográfica "Un mar de colores" no vestíbulo do Concello de Baiona. A mostra está composta por imaxes dos 17 municipios que forman parte da Asociación Villas Marineras. A exposición chega a Baiona con motivo da celebración da 3ª edición da Festa Gastronómica da Lura, que terá lugar o próximo fin de semana.

Villas Marineras é unha organización integrada por municipios costeiros situados en Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco, da cal Baiona é membro fundador.

Regresan as “Tertulias do Monterrey” no Pazo de Pías na Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

Gonzalo Torrente BallesterA Fundación Torrente Ballester, a Fundación Casares e o Concello de Nigrán levarán a cabo no Pazo de Pías de A Ramallosa, a “Tertulia do Monterrey”, mañá sábado ás 12 horas. Lembrarán aqueles improvisados faladoiros que hai anos reunía a Gonzalo Torrente Ballester, Carlos Cacares e Manuel Prego de Oliver, na cafetería baionesa que deu nome as Tertulias.

Co gallo de recuperar aquel espazo de encontro onde mesturábanse os mundo da ficción e a realidade cotián, Juan Pablo Torrente Sánchez-Guisande, Miguel Fernández Cid, Gustavo A. Garrido, Iglesias Viqueira, Manolo “O Ferreiro” e Carlos García, estarán presentes nesta primeira conversa.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL