Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Xoves de contos na Foz

Correo-e Imprimir PDF
A Concellalía de Turismo de Nigrán, organiza para o mes de agosto unha nova actividade para os mais pequenos, "Xoves de Contos na Foz". A actividade consistirá en divertidas tardes de contos, contados por unha contacontos dunha forma amena e participativa buscando fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos. A actividade levarase a cabo todos os xoves do mes de agosto, na fermosa paraxe da Foz do Miñor, na Ramallosa.

Cita nocturna do IEM para ver os petroglifos de Monteferro.

Correo-e Imprimir PDF

Despois das rotas adicadas a Chandebrito, Pazos do Val Miñor, Cotos de Chaín, obra de A. Palacios no Val Miñor e petróglifos de Monte Tetón, continúan as Xeiras que organiza todos os anos o Instituto de Estudos Miñoranos. A proposta de hoxe continúa coas saídas nocturnas, desta vez para visitar os petroglifos de Monteferro.

Nace o colectivo cultural BERRA

Correo-e Imprimir PDF

Xa preparan o seu próximo festival o 13 e 14 de agosto en Nigrán.

O pasado venres 18 de xullo celebrouse o primeiro festival musical organizado pola asociación cultural e deportiva Berra Val Miñor. Foi o festival BERRA BAIONA, con un gran exito de afluencia e boa música que fixo a delica de todo o público asistente. Soundshepard, A Tuna Rastafari e 6iscafes.
A asociación BERRA Val Miñor está formada por mozos e mozas do Val Miñor con moitas ganas de achegar actividades de ocio atractivas para a mocidade fuxindo das formas de ocio e cultura "oficial" que adoitamos ver polo val.

As xeiras nocturnas do IEM percorren os petroglifos do monte Tetón

Correo-e Imprimir PDF

Despois das rutas dedicadas a Chandebrito, Pazos do Val Miñor, Cotos de Chaín e obra de A. Palacios no Val Miñor, continúan as Xeiras que organiza todos os anos o Instituto de Estudos Miñoranos. A proposta de hoxe retoma as saídas nocturnas iniciadas o ano pasado. Hoxe 28 de xullo, os amantes da arqueoloxía teñen unha nova cita para coñecer a beleza e riqueza do patrimonio arqueolóxico da comarca, nunha xeira que partirá ás 22:30h dende a praza do Concello de Gondomar para visitar os petroglifos do Monte Tetón.

 

Kiss, bicos célebres.

Correo-e Imprimir PDF
O artistas miñoráns Marcelino Pena e Raquel Herrero presentan xunto a un helenco de actores e actricres a obra escultura Kiss de Tino Seghal no museo MARCO de Vigo. Kiss é unha escultural e contemplativa executada por unha parella de bailaríns que se moven lentamente seguindo unha coreografia específica que o artista deseñou a partir de catro "beixos" célebres da história da arte: o de Klimt, o de Rodin, o de Brancusi e o de Jeff Koons.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL