Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Os mundos de Carlos Casares

Correo-e Imprimir PDF
O próximo mércores 27 de agosto ás 12 h. na Residencia de Tempo Libre de Panxón- Patos terá lugar a presentación para a prensa da exposición “Os mundos de Carlos Casares”.Esta exposición preparada pola Fundación Carlos Casares fai un percorrido pola vida e a obra do escritor que durante máis de dúas décadas residiu no Val Miñor. A mostra que consiste nunha serie de paneis explicativos está complementada por varias vitrinas nas que se amosan os libros do autor, os premios, obxectos persoais así como mostras das súas afeccións como a fotografía, os trens ou os libros por el queridos.

Sondeseu plantou a Baiona polas deficiencias do escenario

Correo-e Imprimir PDF
{mosimage}O concerto de Sondeseu era un dos pratos fortes do verán no Concello de Baiona e con todo non se celebrou. ás once da noite do pasado domingo, os amantes da música folk esperaban a actuación do grupo no parque da Palma. Para a súa sorpresa alí non había máis nada que o de todos os días.

Festicultural Berra Nigrán os próximos 13 e 14 de agosto.

Correo-e Imprimir PDF

Os próximos dias 13 e 14 de Agosto celebrarase en Praia América (Nigrán), diante das pistas de tenis, o I FESTIVAL BERRA NIGRÁN, organizado pola asociación Berra Val Miñor.

Durante os dous días, a partir das 17:00 h, haberá espectáculos de percusión, malabaristas, novo circo, monologuistas, animación infantil, campeonato de futbito, cucañas... E tamén obradoiros de globoflexia, coiro, papiroflexia, reciclaxe de papel, postos de artesanía, e moitas actividades máis.

Patrimonio Cultural Inmaterial: é cousa de tod@s

Correo-e Imprimir PDF
Hoxe venres 8 de agosto ás 13 horas terá lugar a inauguración da exposición titulada Patrimonio Cultural Inmaterial: é cousa de tod@s instalada no local da Asociación de Veciños O Castro de Chandebrito.
Esta exposición realízase dentro do proxecto marco de revalorización patrimonial de Chandebrito, promovido polo Concello de Nigrán, cofinanciado con fondos Proder II e que se atopa na recta final de realización, na que tanto a asociación vecinal O Castro como a CMVMC de Chandebrito, veñen prestando unha estreita colaboración.

Visita ao porto de Vigo e xornada de educación vial en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
A Concellería de Educación de Nigrán que dirixe Estela Pérez, organiza coa colaboración da Autoriadade Portuaria de Vigo, unha visita ó porto de Vigo, para os máis cativos, na que visitarán as Lonxas de altura e de baixura e logo farán un recorrido pola ría nun barco da Autoridade Portuaria.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL