Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Os mundos de Carlos Casares

Os mundos de Carlos Casares

Correo-e Imprimir PDF
O próximo mércores 27 de agosto ás 12 h. na Residencia de Tempo Libre de Panxón- Patos terá lugar a presentación para a prensa da exposición “Os mundos de Carlos Casares”.Esta exposición preparada pola Fundación Carlos Casares fai un percorrido pola vida e a obra do escritor que durante máis de dúas décadas residiu no Val Miñor. A mostra que consiste nunha serie de paneis explicativos está complementada por varias vitrinas nas que se amosan os libros do autor, os premios, obxectos persoais así como mostras das súas afeccións como a fotografía, os trens ou os libros por el queridos. Na presentación para a prensa estarán presentes o xerente da Fundación Carlos Casares, Gustavo Adolfo Garrido, o Concelleiro de Cultura de Nigrán, Xosé Lois Gutiérrez e o director do Instituto de Estudos Miñoranos, Carlos Méixome.Inauguración para o público da exposición “Os Mundos de Carlos Casares” O próximo mércores 27 de agosto, as 20:30 h. nas instalacións da Residencia de Tempo Libre de Panxón-Patos terá lugar a inauguración da exposición “Os mundos de Carlos Casares” preparada pola Fundación Carlos Casares na que se fai un percorrido pola vida, obra e actividades do autor que durante máis de dúas décadas residiu na parroquia nigranesa de Vilariño e construíu parte do seu mundo nas terra do Val Miñor, entre a parroquia de residencia, a Ramallosa, Baiona, o paseo de Panxón ou a mesma praia de Patos, lugar no que se instalará esta exposición. Lembrar que o autor, falecido o 9 de marzo de 2002, está soterrado no cemiterio de San Fiz de Nigrán.A exposición permanecerá aberta ao público ata o xoves 11 de setembro e poderá ser visitada entre as 12h. e 14h. e entre as 19h. e 21h.Ao remate da inauguración a catedrática de Filoloxía da Universidade de Vigo e integrante do Instituto de Estudos Miñoranos, Camiño Noia Campos, pronunciará unha conferencia na que realizará unha achega á obra narrativa de Carlos Casares. Será esta a segunda das conferencias que complementaran a exposición; a anterior tivo lugar o pasado venres, 21 de agosto, e foi pronunciada pola profesora Luísa Blanco que fixo unha achega á última novela de Casares “O sol do verán” e polo xornalista Iago Martínez que analizou a obra xornalística de Carlos Casares.Estas actividades en torno a figura de Carlos Casares están organizadas pola Fundación Carlos Casares, o Instituto de Estudos Miñoranos e a Concellería de Cultura de Nigrán que dirixe Xosé Lois Gutiérrez, sendo as primeiras que as tres institucións teñen preparado para os próximos meses.