Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Editouse Periferia de Iolanda Zúñiga. Premio Xerais de novela 2010.

Correo-e Imprimir PDF

periferia-xeraisLuciana e Brown unen os seus destinos, marcados polo amor, o narcotráfico e a violencia, nos límites dunha das favelas de Sao Paulo. Alí na periferia desordenada da megalópole transcorre esta historia, escrita ao ritmo do rap, na que se esculcan os ingredientes da vida urbana no século XXI.

Periferia e o título de novo libro da escritora viguesa Iolanda Zúñiga, gañadora do Premio Xerais de Novela 2010. A Editorial Xerais leva tamén publicado o seu primeiro libro de relatos Vidas post-it (2007), que foi reeditado.

II Concurso de curtametraxes “Non a violencia de xénero”

Correo-e Imprimir PDF

Entrevista ao Coro Tradicional Cantares do Brión.

Correo-e Imprimir PDF

Logo do ensaio dominical, Xosé Manuel García Crego, presidente da agrupación Coro Tradicional Cantares do Brión, e Pablo Rial Salgueiro seu director artístico, conversaron con Valminor.info sobre os orixes do grupo e seus proxectos futuros.

O Coro Tradicional Cantares do Brión: "o coro tradicional de Pontevedra".

Correo-e Imprimir PDF
logo_Brin_

Con máis de sesenta integrantes, a agrupación reúne músicos profesionais, costureiras, obreiros, estudantes e persoas de moitos outros oficios e de variada idade, que atraídos polo xeito da arte, levan dende finais do ano 2008 percorrendo un camiño único na provincia de Pontevedra: a recollida e interpretación da música coral tradicional galega.

Foliadas, muiñeiras, alalás e xotas compoñen o repertorio de Cantares do Brión, que ten como referentes os coros históricos da Galicia de principios do século XX e da que hoxe só cultivan non máis de cinco agrupacións en todo o país. É por iso que xa comezan a ser nomeados como “o coro tradicional de Pontevedra”, polos seus pares de Santiago, A Coruña, O Ferrol e Ourense.

Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolaño

Correo-e Imprimir PDF

Un ano máis, este outono, a partir do sábado 25 de outubro, celebraráse en Gondomar a Mostra de Teatro Roberto Vidal Bolaño, na súa edición de 2008.  Continuando o  compromiso desta vila coa cultura galega, expresado na súa pertenza á Rede Galega de Teatros e Auditorios, e coa colaboración da AGADIC (anterior IGAEM), a Xunta de Galicia e Caixanova, as mellores compañías de teatro de Galicia volverán a pisar as táboas de Gondomar.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL