Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

A novela "Todo é silencio", de Manuel Rivas inaugura o Librotráiler galego

Correo-e Imprimir PDF
Ilustración da nova novela de Manuel Rivas

O Book trailer o Librotráiler, e unha iniciativa de promoción da industria editorial que busca nas novas tecnoloxías e nos medios dixitais unha alternativa publicitaria e divulgativa dos seus traballos.

A Agrupación Musical de Vincios actúa esta fin de semana en Mañufe e Borreiros

Correo-e Imprimir PDF
concellera-cultura-gondomarA Agrupación Musical de Vincios actuará hoxe sábado, ás 19:30 horas. no centro Cultural de Mañufe, dentro do ciclo “Música nas Parroquias”, organizado pola Concellería de Cultura de Gondomar. O domingo o recital será no Centro Cultural de Borreiros, ás 13 horas.

A "Mostra de Outono" continúa coa comedia “Toda unha vida”, este sábado no auditorio Luis Tobío

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe da comedia Toda unha vida.A Mostra de Teatro e Maxia Outono 2010, o programa cultural da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar para os meses de novembro e decembro, continúa esta fin de semana coa obra de teatro “Toda unha Vida”, a cargo da compañía pontevedresa “Expresións Produccións”, de Manuel Sola. Trátase dunha comedia emocional e íntima que aborda os problemas da vida de xeito tenro e esperanzador.

 

Os seus responsables  falan dun “un espectáculo sorprendente e orixinal, que escandila ao público desde o primeiro momento polo seu ritmo, os cambios constantes e calidade dos actores, xa que conxuga momentos de gargallada con outros de emoción”. “Toda unha vida” é unha obra “divertida, pero tamén profunda e con mensaxe”.

A sesión do Club de Formación Lectora de Espazo Lectura queda aprazada para o xoves 25 de novembro

Correo-e Imprimir PDF
A Asociación Espazo Lectura informa Espazo_Lecturaque a sesión do Club de Formación Lectora sobre "Metamorfosis de la lectura", de Román Gubern, prevista para mañá xoves 11 queda aprazada ata o xoves 25 ás sete da tarde.

A Homenaxe ao Gaiteiro 2010 terá lugar o 21 de novembro as 18 horas no teatro Caixanova

Correo-e Imprimir PDF
Cartaz do eventoComo dende hai 21 anos, o grupo Etnográfico A Buxaina organiza a Homenaxe ao Gaiteiro, un agasallo aos músicos tradicionais que adicaron boa parte da súa vida a música xa sexa interpretando, ensinando ou construíndo instrumentos.

 

Esta vez a actividade coincide coa celebración do 25º aniversario da agrupación, que nesta ocasión actuará xunto aos grupos miñoráns Os Terribles de Donas e o Coro Tradicional Cantares do Brión. O mantedor da homenaxe será Carlos do Viso.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL