Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Tino Baz presenta hoxe o seu último disco durante a semana das letras galegas de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

O cantautor da Guarda Tino Baz presentará a partir das oito da tarde de hoxe no cámping de Nigrán o seu primeiro traballo discográfico en solitario Cinsa namorada (PAI Música 2007).

Os temas que compoñen este disco son músicas e textos do artista, xunto a poemas da prestixiosa escritora lucense Marica Campo. Na instrumentalización Tino utiliza a zanfoña, a gaita, a guitarra e distintos instrumentos de percusión galega.

Os libros xa rulan polo Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
O colectivo Espazo Lectura repartirá 120 exemplares de títulos en galego que os veciños poderán atopar en calquera sitio público segundo o sistema de «bookcrossing». A semán pasado tivo lugar a presentación, en rolda de prensa, da campaña de Espazo Lectura «Bookcrossing no Val Miñor», que se celebrou na Ramallosa, ao aire libre, á beira da foz do río. A campaña conta coa colaboración dos tres Concellos do Val Miñor e acudiron ao acto os alcaldes de Baiona e Nigrán. 

Conferencia: Xosé María Álvarez Blázquez, arqueólogo.

Correo-e Imprimir PDF
Hoxe terá lugar ás 20h no Camping de Praia América a conferencia: Xosé María Álvarez Blázquez, arqueólogo. Por Eduardo Méndez e Xosé Lois Vilar. Presentación dos dous volumes en Homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez editados polo Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio (Vol. 1: Escritos sobre arqueoloxía de Xosé María Álvarez Blázquez; Vol. 2: Escritos sobre o Paleolítico en Homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez).

Os comuneiros de Borreiros recuperan o lendario castro de Pedra Moura

Correo-e Imprimir PDF
Fai máis de 2.000 anos había unha aldea no alto de Pinceira de Gondomar desde a que se dominaba todo o Val Miñor. Os seus habitantes dedicábanse á agricultura e á gandería e habían ingeniado un sistema de fosos para illarse dos seus inimigos.

Tertulia do IEM con Xosé V. Ferreirós, músico de Milladoiro

Correo-e Imprimir PDF
 Xosé V. FerreirósXosé V. Ferreirós andaba, nos comezos dos setenta, na compaña de Nando casal e Ramón García Rei percorrendo romarías, festas e teatros... do país, sempre en contacto cos vellos gaiteiros herdeiros directos da tradición: Os Campaneiros, os irmáns Garceiras, os Areeiras, os Rosales e un longo etcétera foron colegas, mestres e compañeiros. Formaban “Faíscas do Xiabre”, grupo de música tradicional nacido á beira do Ulla, en Catoira, quen deixaron un fermoso disco que deron en titular “In Memoriam”.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL