Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Crónica rimada de Baiona e o seu mar

Correo-e Imprimir PDF
Xosé María Álvarez BlázquezNeste ano no que a Real Academia Galega recoñece o inmenso labor cultural realizado ao longo da súa fructifera vida por Xosé María Álvarez Blázquez, dedicandolle o Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoranos quere sumarse aos múltiples recoñecementos que se lle están a facer por todo o país editanto un texto breve que Xosé María Álvarez Blázquez títulou Crónica rimada de Baiona e o seu mar que recolle a conferencia que o polígrafo tudense pronunciou no salón de Plenos do concello de Baiona en 1964.

Vernet, o último canteiro de Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Ángel Fernández «Vernet»A Voz de Galicia publica hoxe unha excelente reportaxe de Alejandro Martinez sobre a figura do canteiro de Baiña, Ángel Fernández «Vernet». Aínda quedan en Baiona oficios que se transmiten de xeración en xeración, saberes tradicionais que os fillos aprenderon dos seus pais, como eles á súa vez o fixeron dos seus avós, e cuxos froitos acaban formando parte da cultura popular.

Presentación do libro Crónica rimada de Baiona e o seu mar

Correo-e Imprimir PDF

Xosé María Álvarez BlázquezO Conxunto instrumental do CPI Covaterreña de Baiona interpretará tres pezas do seu último disco.
Co gallo do Día das Letras Galegas, este ano adicada ao empresario e arqueólogo Xosé María Álvarez Blázquez, cunha vida moi ligada a comarca, o Instituto de Estudos Miñoranos presentará este xoves o libro Crónica rimada de Baiona e o seu mar, na que se recolle a conferencia pronunciada polo homenaxeado, no ano 1964.

Serán en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Os días 25, 26 e 27 de abril de 2.008 a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), o Concello de Baiona e Escola de Flamenco de Baiona están a preparar a 1ª Feira de Abril en Baiona remedando a aquela de Sevilla. Segundo se fala por aí, pois pouco se sabe, serán tres días de actividades con carrozas de cabalos, música ambiental, xa sabedes de cal, actuacións nun gran toldo,casetas,.... nun gran esforzo da Concellería de Cultura do Concello de Sevi.., perdón Baiona.

Día do libro en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Antonio Arauxo e Concha Costas durante a presentación do actoHoxe mércores 23 de abril, Día Internacional do Libro, Espazo Lectura e o Concello de Gondomar presentarán un acto para celebrar o día do libro lendo. Baixo o lema de "Dar de ler coma quen dá de beber", 30 persoas lerán en voz alta na Biblioteca Pública fragmentos de libros que elas mesmas escolleron para recomendar e compartir con todos os asistentes a este acto.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL