Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Cae parte do tellado do monasterio de Oia tras 40 anos de abandono

Correo-e Imprimir PDF
O temporal da madrugada pasada desmanteló parte do teito do á sur do monasterio de Oia, provocando unha brecha de algo menos de 100 metros cadrados nunha parte que fora apuntalada por Vasco Galega.
A propietaria do inmueble, que investiu case 250.000 euros na renovación provisional das cubertas nas zonas máis danadas, a requerimiento de Cultura, presentou un avance de planificación que foi deixado sobre a mesa polo pleno en máis dunha ocasión. Por iso, Vasco Galega non puido iniciar as reformas destas zonas delicadas entre as que se atopa a que se derrubou a pasada madrugada.

Sombreiros sen chapeu en Títerenadal 07 en gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Sombreiros sen chapeuO concello de Gondomar presenta outra actuación dentro do ciclo de títeres e teatro infantil TITERENADAL 2007. que, como todolos anos, trae ás principais compañías de monicreques e teatro infantil galegas a Gondomar . A compañía Tanxarina Títeres ofrecerá hoxe ao público de Gondomar, o espectáculo Sombreiros sen chapeu.

Armonias do Nadal

Correo-e Imprimir PDF

Con esta fermosa panxoliña felicitaballe o ilustre D. Victoriano Taibo as festas do nadal en 1955 ao seu calega Xesús Alonso Montero. Victoriano Taibo foi Membro da Real Academia Galega e antigo mestre da escola de Morgadáns e un dos personaxes ilustres que pasaron polo noso Val Miñor.

Rexina Vega presenta esta tarde en Gondomar a súa obra «Cardume», premio Xeráis

Correo-e Imprimir PDF

A librería Libraida de Gondomar acollerá ás oito e media da tarde de hoxe a presentación por parte da escritora Rexina Vega da súa obra Cardume , premio Xerais de Novela 2007. O acto está organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos e a Librería Libraida e Xosé Lois Vilar será o encargado de levar a cabo a presentación. A entrada para asistir é libre.

Nace o clube de lectura "Lendo contigo"

Correo-e Imprimir PDF
A Asociación de Nais e Pais As Pontes celebrará este próximo sábado, 15 de decembro, a primeira sesión dunha nova actividade de dinamización lectora: o club de lectura compartida "Lendo contigo", dirixido a nais e pais e a nenos e nenas de 8 a 11 anos. Cada mes propoñeremos un libro para que o lean tanto os nenos que se apunten como o pai ou a nai, de xeito que poidan compartir impresións sobre a lectura e logo reunirse na biblioteca cos demais participantes para charlar sobre o libro.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL