Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Entrega do V Premio Nano Cambeiro de Periodismo

Correo-e Imprimir PDF
O Instituto de Estudos Miñoranos convida a todas e todos os interesados a asistir á entrega do V Premio Nano Cambeiro de Periodismo otorgados a Xosé Reigosa Solleiro e Anxo Reigosa Solleiro, autores da páxina web de Salvemos Monteferro.
O acto terá lugar este venres 28 de marzo de 2008 no Pazo da Escola de Mañufe, Gondomar.

Áncora Produccións galardoada co premio Roberto Vidal Bolaño de teatro

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Cultura, celebrará, un ano máis, o Día Mundial do Teatro, entregando o Premio Roberto Vidal Bolaño de 2008, que este ano recaerá sobre a compañía ANCORA PRODUCCIÓNS e os seus codirectores, Anxela Abalo e Gustavo Pernas.

Os premiados porán en escea a súa última obra "Medidas Preventivas". 

Atopan restos do Paleolítico Inferior na Serra da Groba

Correo-e Imprimir PDF
Eduardo Méndez e Xose Lois Vilar . Foto A Voz de GaliciaAs pezas son bifaces, lascas e núcleos usados como ferramentas de traballo fai máis de 300.000 anos. Os materiais descubertos están dentro da área onde se prevé instalar o parque eólico Albariño I. Novos achados arqueolóxicos puxeron en dúbida para o colectivo SOS Groba a viabilidade do parque eólico Albariño I. 

Tertulia do IEM con Felipe Senén López

Correo-e Imprimir PDF
Felipe Senén López - Foto Galiciadigital.comO venres 7 de marzo de 2008 terá lugar unha nova TERTULIA DO IEM. Nesta ocasión estará con nós FELIPE SENÉN LÓPEZ GÓMEZ, licenciado en Historia da Arte, arqueólogo, ex director-conservador do Museo de San Antón da Coruña, responsable da Asociación Amigos dos Museos, creador e director do Boletín “Brigantium, director de escavacións no Castro de Elviña, museólogo, fundador e animador de diversas asociacións culturais e publicacións, membro de diversas institucións culturais e Academias, ilustrador, cartelista, ameno conferenciante e comunicador en radio e televisión entre outras moitas cousas.

Espeleólogos miñoráns descobren no Pindo restos da Idade do Bronce

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe tomada na propia cova o día en que se identificou a cerámica decorada É un dos montes míticos de Galicia, o que se di que albergou o Olimpo celta e o que probablemente deu orixe a máis lendas. Pero o certo é que non se coñecían xacementos arqueolóxicos nel. É agora cando o Pindo, situado no concello de Carnota (A Coruña) mirando ao mar da Fisterra, ofrece da man dun descubrimento dos espeleólogos do Clube Maúxo de Vigo unha mostra clara da pegada dos nosos antergos. Trátase duns restos de cerámica correspondentes á Idade do Bronce que unha delegación do club entregará hoxe como depósito no Museo Arqueolóxico e Histórico de San Antón da Coruña. «A ver se así se ocupa algún arqueólogo de escavar en serio», di o gondomareño e secretario do clube, Xavier Groba.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL