Luns, 13 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Espeleólogos miñoráns descobren no Pindo restos da Idade do Bronce

Espeleólogos miñoráns descobren no Pindo restos da Idade do Bronce

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe tomada na propia cova o día en que se identificou a cerámica decorada
É un dos montes míticos de Galicia, o que se di que albergou o Olimpo celta e o que probablemente deu orixe a máis lendas. Pero o certo é que non se coñecían xacementos arqueolóxicos nel. É agora cando o Pindo, situado no concello de Carnota (A Coruña) mirando ao mar da Fisterra, ofrece da man dun descubrimento dos espeleólogos do Clube Maúxo de Vigo unha mostra clara da pegada dos nosos antergos. Trátase duns restos de cerámica correspondentes á Idade do Bronce que unha delegación do club entregará hoxe como depósito no Museo Arqueolóxico e Histórico de San Antón da Coruña. «A ver se así se ocupa algún arqueólogo de escavar en serio», di o gondomareño e secretario do clube, Xavier Groba. Continúa na Voz de Galicia