Domingo, 12 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Tertulia do IEM con Felipe Senén López

Tertulia do IEM con Felipe Senén López

Correo-e Imprimir PDF
Felipe Senén López - Foto Galiciadigital.com
O venres 7 de marzo de 2008 terá lugar unha nova TERTULIA DO IEM. Nesta ocasión estará con nós FELIPE SENÉN LÓPEZ GÓMEZ, licenciado en Historia da Arte, arqueólogo, ex director-conservador do Museo de San Antón da Coruña, responsable da Asociación Amigos dos Museos, creador e director do Boletín “Brigantium, director de escavacións no Castro de Elviña, museólogo, fundador e animador de diversas asociacións culturais e publicacións, membro de diversas institucións culturais e Academias, ilustrador, cartelista, ameno conferenciante e comunicador en radio e televisión entre outras moitas cousas.

Dende 1996 é Técnico de Xestión Cultural da Deputación Provincial da Coruña. O noso convidado será presentado polo profesor e membro da Xunta de Goberno do IEM, XILBERTE MANSO DE LA TORRE Como é costume este faladoiro do IEM terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe, Gondomar e dará comezo ás 20:30h. Ao remate do faladoiro, aberto ao público en xeral, haberá unha cea co noso convidado que terá lugar no mesmo PAZO DA ESCOLA de Mañufe, Gondomar. Para asistir á mesma e dado o limite de prazas compre facer a reserva correspondente ben no 680 644 490 ou ben no enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

Maís información en http://www.amigosmuseosgalicia.org/felipe/index.html